sábado, 5 de enero de 2008

Biblioteca de Asalto: Las Puertas de Anubis


Benquerida proxenie, un pouquiño de cultura que falta vos fai.
Veño de rematar o libro "Las Puertas de Anubis" con grande satisfación pola miña parte. O libro foi escrito por este parente de Austin Powers* no oitenta e tres, e mereceu o premio Philip K. "Manubrio", sen dúbida merecido.
A historia transcorre na súa maioría no Londres de principios do século XIX, onde os feitos históricos acontecidos están influídos ou forzados por poderes na sombra de natureza sobrenatural, moi ao estilo dunha partida de Vampiro; máis ou menos o que ocorre na nosa realidade, ¿alguén se cree todavía que Zapatero goberna? como ben sabemos, o noso país avanza das mans do triunvirato: Pedro Lama, Lobato e Andrés Montes.
Non vou relatar a historia, nada de spoilers, pero dicir que a trama entretéxese de maneira espectacular para chegar a un desenlace, que con pequenas sorpresas, non deixa nengún cabo solto.
Polo tanto, recomendar altamente este libro a todos os membros da Proxenie, salvo, claro está, á nosa queridísima Suegra, que sentirá saber que non hai, que eu saiba, película baseada no libro.
* A relación familiar do autor con Austin Powers non está científicamente probada, hai estudosos que manteñen unha teoría completamente distinta sobre a súa procedencia, sosteñen que provén dunha familia de actores porno de nome monosílabo e apelido Powers.

1 comentario:

EL OBISPO dijo...

Eh, que yo leo!. No se vayan a creer nuestros visitantes internacionales que soy un anacoluto iletrado….¡todo lo contrario!
Ahora que soy rico y poderoso tal vez pueda comprarme algún libraco para esas interminables horas de descanso, después de leer el recomendado por el pato “soy leyenda”. Este tiene buen cheirume, un aire interesante.