Mostrando entradas con la etiqueta Síguelo Online. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Síguelo Online. Mostrar todas las entradas

viernes, 30 de septiembre de 2011

Coming Soon in 'Siguelo Online'

GRANJERO BUSCA ESPOSA IV

Proximo Miercoles



Merece o esforzo!

domingo, 18 de septiembre de 2011

Síguelo Online: A Gran Final

Pois si, detestables membros e putrefactos visitantes, ao final, pese "á túa carencia de fe resulta molesta", España está onde lle toca estar: a final do Eurobasket, e co título de favorito. Hoxe ás 20:00.

Os nosos rivais: Francia.

Podemos gañar? si, debemos.

Somos mellores? si.

Poden poñernos en apretos? si, seguro, é a mellor Francia en anos (da historia??) apretarán moito en defensa, son grandes atletas, e poden provocar perdas de balón que leven a canastras sinxelas (estilo España xapón'06). Teñen a Tony Parker, que é moi bo, esaxeradamente bo. Ricky, fai uns anos, comeuno con pataquiñas, pero era o Ricky en mellor forma que vimos, agora atravesa un pequeno foso e comete moitos máis erros nas facetas que tan ben dominaba; incluso na defensa, agora defende peor e mete moito máis a man para robar, recurso de pachangueiro. A posición de 3 podería ser un problema, pero confío na defensa de Rudy que pode anular a Batum, un gran atleta. Por dentro, Joakin Noah, o pivot que lles está a dar consistencia, é o puntal de Francia... pero por dentro temos a toda a Armada Española, deberiamos parar ben a Noah, abusar do Gordo Diaw e dominar o xogo interior en defensa e en ataque.



Confío en que, cun pouco de acerto exterior, sexamos capaces de levar o ritmo e abusar cos nosos pivots. O noso maior problema sería que os exteriores non metesen, dos pivots non desconfío. Se non somos perigosos de fora, Francia axudará moito aos seus pivots e teremos moitos problemas para anotar. Navarro está que se sae, con iso e Pau... quen pode gañar a La España? dende logo, eses gabachos non. Agardo que os machaquemos.

PD: Pau Gasol tamén é esaxeradamente bo.

PD II: hoxe, ás 16:30, decídese a medalla de bronce, Rusia-Macedonia.... Rusia, a priori, non debería ter maiores problemas, pero, neste eurobasket, todo o mundo tivo problemas con Macedonia, podería haber sorpresa... sorpresón!!! Macedonia bronce do eurobasket??? ninguén gañaría a porra.

miércoles, 14 de septiembre de 2011

Síguelo Online: Cuartos de Final/Semifinales

ACTUALIZADO: HOY VIERNES, SEMIFINALES:

16:30 ESPAÑA-MACEDONIA
20:00 RUSIA-FRANCIA




Así quedan os cuartos de final. Se todo vai ben, España veríase nas semifinais con Lituania, o anfitrión, e teríamos aí, posiblemente, o partido máis complicado. Sen despreciar unha máis que posible final con Rusia, equipo completo, de xente grande, que nos pode facer dano; inda que a tope somos favoritos... sempre.

No outro lado do cuadro, favoritos Francia e Rusia, para buscar unha praza para a final, pero Francia pode palmar e, logo do lamentable espectáculo contra España, onde quixo perder para conseguir o cruce con Grecia, todos con Grecia!!! a ver se perden estes gabachos!!!

Así que, hoxe, a partir das 5:00 PM, España - Eslovenia, e ás 8:00 PM Lituania - Macedonia, aquí, en directo, no Pato del Apocalipsis!!!

domingo, 11 de septiembre de 2011

Síguelo Online: el grupo de España se decide


Se está decidiendo el grupo de España en el eurobasket de Lituania. España sólo se juega ser primero o segundo contra Francia. El resto, se lo juegan todo. Por ahora, Turquía se va a casa tras perder con Serbia en un final trepidante. A las 5:00 PM, España - Francia. A las 8:00 PM, Lituania - Alemania, los anfitriones se pelearán con Nowitzki y compañía por una plaza en los cuartos de final. El que pierda, junto con Turquía, se queda sin Olimpidas de Londres.

lunes, 2 de marzo de 2009

Síguelo Online: El Final de Granjero... 1ª Edición

Queridos proxéneres ¿que facemos? ¿choramos ou desatamos a nosa euforia? ¿pensamos no triste fin dos nosos luns ou, pola contra, anticipamos os marabillosos* momentos que imos vivir hoxe?

"El programa de realidad de Cuatro 'Granjero busca esposa' llega este lunes al final de su primera temporada, capítulo que estará marcado por la decisión final y sus imprevisibles consecuencias. Luján Argüelles, la presentadora del programa, recorrerá las seis granjas para conocer de primera mano la decisión final de los granjeros, Guillamet, Tito, Aitor, David, Carlos y Nides, tras 10 días de convivencia. El programa no solo acogerá la decisión de los granjeros, sino que les reúne a todos dos meses después para comprobar cómo habían evolucionado sus relaciones y en esa reunión estuvieron las mujeres que todavía continuaban con ellos"




Agárdovos a todos, hoxe, a partir das 22.15... ¡o desenlace final!




*Ortografía correcta

lunes, 16 de febrero de 2009

Hoxe é luns...

...sonou o despertador, subo a persiana e fora non hai temporal ¡mosquis! este luns toca traballar. O luns, sen dúbida, é o día máis cansado da semana, o reloxo biolóxico está un pouco descolocado, e o cansancio acumulado do fin de semana fai que o levantarse sexa unha tortura.
.
A felicidade do domingo, cando dous membros da Horda víronse atacados vilmente por Aliados crueis e de alto nivel, e, nun alarde de poder e compenetración, eliminaron aos asaltantes, quedou superado, e, na seguinte conexión, dous "alis" de alto nivel patearon a unha pobriña que recollía frores.
.
Levo escoitado xa tres veces o cansino discurso de Chávez, e na tele están poñendo o insufrible anuncio do neno no carro cantando "...doce cascabeles lleva mi caballo por la carretera..." (supoño que será Joselito, pero a miña propia dúbida me enche de satisfación).
.
.
...pero os luns son días felices, xa non son O PEOR DÍA DA SEMANA, de feito, están próximos a ser O MELLOR DÍA DA SEMANA, porque culminan cunha enchenta orgásmica de felicidade, todo grazas a Cuatro, e, como non, a El Pato del Apocalipsis, que seguerá ao pé do canón todo o novo programa de "Granjero Busca Esposa".
.
Así que, detestables, hoxe, a partír das 10 da noite: SÍGUELO ONLINE: GRANJERO BUSCA ESPOSA IV
.

.
De novo teño que denunciar unha clara tentativa de La Sexta de desestabilizar a nosa cordura e a nosa fidelidade a Cuatro, esta noite, as 10, "2013, Rescate en L.A.". A volta de "Snake" Plissken á pantalla.
Argumento:Serpiente Plissken, héroe de guerra y mercenario, sobrevive como puede robando y saqueando en una ultracatólica américa futurista. Cuando la hija del fanático presidente se enamora del terrorista Cuervo Jones y amenaza con revelarle importantes secretos armamentísticos, deciden recurrir a Plissken para que se adentre donde nadie sale: En Los Ángeles, convertida ahora en prisión de máxima seguridad.
Crítica:Esta peli es la segunda parte (casi remake autoparódico) de 1997: Rescate en Nueva York. Ambas pelis están dirigidas por el insigne maestro del terror de serie B John Carpenter. Y, en esta, el reparto es de lujo: Kurt Russell, Steve Buscemi, Pam Grier, Peter Fonda, Valeria Golino y Bruce Campbell.



martes, 10 de febrero de 2009

Síguelo Online: San Quintín

Revisando o periódico, na búsqueda dalgunha opción de ocio nocturno alonxado das terras Kalimdor, atopeime coa cadea amiga, a cadea da cultura, a cadea con maior audiencia, a cadea cos documentais que todo o mundo ve, La2.



Hoxe a partires das 11 non vos podedes perder, de verdade, o documental de Documentos TV sobre San Quintín, onde coñeceredes de primeira mano as verdadeiras leis da cárcere.



Por certo, na Wikipedia en inglés, de onde saquei as imaxes, teñen unha lista cos presos máis famosos (notables) que se atopan en San Quintín ou que fóron executados alí. Xenial. Ademais, o Obispo cos seus gustos particulares atopará que cada un destes "notables" ten o seu propio link.

P.D: Agardo sexa o mesmo que vin fai cousa dun ano (lol).

lunes, 9 de febrero de 2009

Síguelo Online: Sesión Dobre

Pois si, benqueridos detestables, esta noite temos sesión dobre:

.
- Comezaremos as 9.3, todos sintonizando La Sexta, para ver o penúltimo capítulo do caso do vídeo-engano de Wyoming. Aproveitando o tirón, hoxe van "xuzgar" a Wyoming, prometendo "insultos, escándalo, morbo, lo que sea por un puñado de audiencia, no te lo pierdas, pensarás que estas viendo Telecinco".



- E para rematar, como ven sendo habitual estas últimas semanas, Granjero Busca Esposa, volve ao Blog, LadelGüisqui, ElGañán, LamosquitaMuerta, LaMalaRusa, ElPardilloFeo, e todos os demais membros deste entrañable reality.


¡¡¡Atención porque temos novas importantes, o programa ten un Blog propio, e unha sección onde podemos votar as mellores frases dos galantes granxeiros e das finas damiselas!!!

lunes, 2 de febrero de 2009

Síguelo Online: Granjero Busca Esposa II



Xa é luns queridos compañeiros, e pese os novos intentos de desestabilizar a programación e centrar a atención na súa canle por parte da Sexta, véxase o escándalo do Wyoming, nós seremos fieis e veremos o grande Granxeiro Busca Esposa, denominado por algún santo proxénere coma "o mellor programa da televisión". Amigos Blogueiros, aquí vos agardo de novo para o seguimento ao segundo do programa: ¡os comentarios, primeiro no Pato do Apocalipsis punto com.!



Coñecede a Carlos:



Ayy o ´má, que rrrrrriiiiiiiiiicooooooooooo!

lunes, 26 de enero de 2009

Síguelo Online: Hoy: Granjero Busca Esposa




Si! meus queridos proxéneres, hoxe temos un novo e trepidante espisodio dese reality que tanto nos asombra e do cal tanto aprendemos, Granxeiro Busca Esposa, en Cuatro a partir das 22.15. Aproveito o momento e este lugar público para lanzar unha queixa aos señores programadores de La Sexta, que, desexando contrarrestar a este maravilloso programa, decidiron emitir "Soldado Universal 2". ¡Dios! ¡se non fose polo sexo no palleiro prometido nos trailers, tería moitas dúbidas sobre que cadena seguir!



Así que, dende aquí vos invito a seguir o programa de hoxe pegados ao Blog, seremos o primeiro Blog con seguemento en vivo do programa (bueno, se non somos os primeiros, que veñan os frikis eses e proben que nos gañaron). Agardo os vosos comentarios aquí, nesta entrada ¡animádevos!