martes, 1 de abril de 2008

TI3 Guías: The Emirates of Hacan

Os Hacan son os meirandes mercaderes da galaxia. As súas naves viaxan ata os máis recónditos sistemas vendendo os seus exóticos produtos. E, xunto coas súas mercadorías, viaxan as súas naves guerreiras, protexendo o seu modo de vida. As mesmas naves guerreiras que tentarán protexer á súa civilización cando chegue o momento de reclamar o Trono Imperial.
.

.
Habilidades especiais de raza:
1. Os seus Tratados de Comercio non teñen que ser aprobados polo director de comercio.
2. Ningún outro xogador poderá rachar un Tratado de Comercio cos Hacan durante a Fase de Estatus.
3. Durante a Fase de Estatus poderán comerciar Cartas de Acción con outros xogadores.
4. Non gastan Contadores de Comando ao executar a habilidade secundaria da Carta Estratéxica de Comercio. Por cada Tratado de Comercio en vigor recibe un ben de comercio extra.
.
Vantaxes: Os seus Tratados Comerciais son os mellores e non teñen que ser aprobados, polo tanto calquera outra civilización estará desexosa de tratar cos Hacan. Ademais son moi frutíferos, polo que poucas veces se arriscarán a rachalos cunha acción de guerra.
Comezan con dous transportes e catro forzas terrestres, co que poden expandirse con velocidade nas primeiras quendas.
.
Desvantaxes: Non teñen vantaxes de combate e as tecnoloxías iniciais teñen unha orientación económica e non militar.
.
Estratexias: O seu sistema natal ten tres planetas o que pode ser considerado coma unha bendición ou unha maldición. Pódense construír os tres portos espaciais nese sistema, co que cunha soa activación pódense construír ata 12 unidades. Ademais o sistema pode albergar 6 PDS, co que sería unha defensa terrible. O malo é que precisan máis tropas para protexer os seus planetas e posiblemente haxa sistemas mellores para construír os portos espaciais preto do seu sistema natal.
A Carta Estratéxica de Comercio non debería ser a súa prioridade pois van saír beneficiados aínda que a colla outra civilización, pois non precisan aprobación dos seus tratados. Os seus tratados son moi bos, polo que pequenas ameazas aos seus socios de comercio poden dar lugar a votos a favor ou cesión de sistemas.
Precisan, sen dúbida, incrementar a súa flota ao principio, facendo que os seus veciños prefiran negociar con eles que atacalos. Posiblemente a mellor opción sexan naves pequenas e baratas. As dúas tecnoloxías iniciais precísanse para chegar aos Soles de Guerra, co que poden ser unha boa opción cara o final da partida, axudándose na súa riqueza para construílos.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Habrá que mantener estos panfletos para el dia D y la hora H en la que podamos jugar.

Paiaso de Asalto dijo...

Esa é a idea...