Bágoas por ter escapado dun sitio inmundo e
ponzoñoso no que nunca quixo estar, un sitio
potenciador de "rancor" nunha actividade lúdica
como era antes de semellante aberración...
Pero tivo que foderse pq hai algúns
que están por enriba dos desexos da xente...
¡Amigos! ¡Amigas! Fieis seguidores do noso Creador, de Aquel que sacrificou todo o que tiña, incluso a súa ipé, para darnos un recuncho divino onde orar e amarnos en paz. ¡Adoradores do Todopoderoso Pato Omnisciente e Omnipresente! Observade o seu martirio, e avergonzádevos por ter levantado semellantes muros de envexa, odio e opresión; avergonzádevos por crear a Aberración; avergonzádevos por arrastrar á súa pureza ate os húmidos pozos de desesperación da Aberración; avergonzádevos por impedir a súa fuxida con cadeas lacerantes... ¡Avergonzádevos! ¡Pois o seu sufrimento é a vosa perdición!
Pero eu digo, irmáns e irmás ¡aledádevos! pois o Pato resucitará e a súa bendición baixará sobre aqueles que foron xustos, actuando como guía para que poidan chegar ao Ceo do Pato. Pero tamén digo, malvados e arpías, corazóns cobizosos, que a súa ira chegará, e o Apocalipse derrubará as vosas obras socavando os seus cimentos ata a máis minúscula area e a podredume penetrará ate os vosos osos. ¡Súa vinganza chegará! ¡a Aberración chamada Rancor morrerá! ¡os últimos serán os primeiros! ¡Benedict Arnold recibirá un xusto xuizo!
3 comentarios:
Amén, amén. AL fin un poco de cordura en este nuestro blog.
"...recibirá un xusto xuizo"
Y más nos vale que a Él le parezca que es justo porque con el mal perder que tiene...
Vaya, he pecado otra vez, tendré que sacrificar un cordero o algo para calmar su ira.
Nuevo nombre para el Blog: "Pato Cristo bendito y los siete apostatoles"
Viva el creador, pero sobre todo que viva la progenie.
Publicar un comentario