Un pequeno apunte para os detestables seres lectores do blog, descoñecedores sen dúbida do máis básico do reglamento...
Ante todo, que quede claro que isto non é unha xustificación, da humillante derrota por 37 puntos de Spain vs. Usa, só teñen culpa os mediocres xogadores da selección española, que diron máis vergoña que pena e perderon 28 balóns (aprox. según recordo). Todo o mundo sabe que Usa é un grandísimo equipo e non podes xogar igual contra eles que contra Alemania, Angola ou Croacia. Para gañarlles hai que xogarlles de maneira especial, incidindo nos puntos onde se lles pode facer dano (que ataquen en estático, que defendan a pivots grandes, que tiren de lonxe...).
Pero eu sigo creendo que se lles pode gañar, e se lles vai gañar, e entón veremos esas caras de frustración "what-the-fuck-is-going-on, meheen?". Ánimo Grecia/Arxentina*.
O que si resulta vergoñento é que, ademáis de permitirlles violacións tan bestias do reglamento como as do video (8-12 por partido seguro), logo vaian e lle piten pasos o equipo rival. Ou que non piten pasos inda que gañen de 40, co cal non sería unha decisión polémica, senón xusta. ¡Renuncio! ¡Impugno o campionato!
(pronóstico) España xoga mal, si, pero vai chegar ás medallas andando... agora só cabe agardar que seu xogo mellore e haxa oportunidades de gañar o ouro... tembla Grecia/Arxentina*.
*Aquí non me atrevo a dar un favorito.
3 comentarios:
En la última jugada Kobe bota para demostrar que sabe hacerlo.
Pues yo creo que Ejpaña no va ni a oler las medallas porque son unos burracos y unos guays (ahí queda mi gran análisis deportivo).
Da pena verlos, y el reciente descubrimiento del talento de Ricky Rubio por los periodistas futboleros ya cansa, que lo alaban aunque parezca que está jugando pachangas, hombre por dioooosss!
censurado por la NBC!!
Publicar un comentario