"A long time agoin a galaxy far far away..."


Seu amigo e coidador, Malakili, roga unha oración pola súa alma inmortal. A súa amable imaxe sempre permanecerá nas nosas memorias. Un soriso sempre se formará na nosa cara cando recordemos os simpáticos ruidiños que facía mentres masticaba un tenro orquiño*, con armadura e todo. E esa babiña que lle colgaba despois, e como nos salpicaba cando se sacudía tal canciño mollado nun regato. E eses ruxidiños que botaba, que lindos, e como lle cheiraba o alento...
*Gamorreano para o plaxiador Lucas.
Este é o fin, era o último da súa especie, non quedan máis ¿quen se comerá agora aos sobrados jedis? ¿quen ruxirá nos baixos dos palacios da ampa galáctica? Foi o último e o máis grande, o último e o fin... ¿o último? ¿o fin?

1 comentario:
Ohhhhhhhhh!
Las grades historias tienen siempre su final; no obstante si es rentable se le revive y punto(lo hizo un mago)
Dentro de algún tiempo cuando la progenie se pueda reunir nuevamente con fideligno compromiso el mago podrá actuar y revivirlo como dios manda
AhhhH! que grnades momentos relacionados con el rancor!!!
Publicar un comentario