sábado, 23 de enero de 2010

Biblioteca de Asalto: "El Nombre del Viento"

Benqueridos compañeiros, fai uns meses o WoW desapareceu da miña vida (tal vez para sempre, tal vez temporalmente) e descubrín un mundo cheo de... de... de tempo (ben é certo que o tempo é relativo e que dura máis ou menos dependendo do que fagas e do rápido que te movas, inda que iso non é de todo certo, porque se te moves moi rápido pasa máis despacio, pero se non te moves na cola do supermercado... pasa aínda mooito máis despacio...).


A cousa é que tiven tempo de novo para ler algún libro, algún maloso, outros entretidos, outros bos, pero non tiña motivación-gañas para comentalo aquí no Blog. Como penso que o cine é malo e perverso, que fai que a sociedade non avance, involucione sobre si mesma, e neste Blog sobran entradas de cine, vou contribuír cun novo comentario dun libro.



O libro elexido é "El nombre del Viento" de Patrick Rothfuss, escritor novel que sorprendeu con este título. Primeiro un warning: é o primeiro dunha triloxía, agora toca agardar que escriba os seguintes e non morra no camiño, e xa son varios libros que andamos agardando...


O libro é de Fantasía, un xénero que non lle gusta a todo o mundo, e como bo libro de fantasía, forma, como xa dixen, parte dunha triloxía chamada The Kingkiller Chronicle, inda sen traducir. E, para seguir cumprindo os requisitos mínimos dunha ficción de fantasía, este primeiro libro ten unha extensión de 830 páxinas.


Temos un tema moi manido, un xove prometedor, Kvothe, músico e mago, de gran intelixencia e habilidade, nun mundo onde a maxia, a relixión e os seres máxicos conviven coa humanidade, busca saciar a súa ansia de coñecementos e poder na Universidade. Alí fará amigos, namorarase e atopará ao seu primeiro archienemigo, outro estudante procedende de famila rica (Harry Potter? pois si, parece, pero é máis obscuro e para adultos... o que sempre prometen en Harry P). Pero a pesares de todo, o libro funciona, é de áxil lectura, inmersivo e danche gañas de seguir e seguir lendo.
Na contraportada:
“He robado princesas a reyes agónicos. Incendié la ciudad
de Trebon. He pasado la noche Felurian y he despertado vivo y cuerdo. Me
expulsaron de la Universidad a una edad a la que a la mayoría todavía no los
dejan entrar. He recorrido de noche caminos de los que otros no se atreven a
hablar ni siquiera de día. He hablado con Dioses, he amado a mujeres y he
escrito canciones que hacen llorar a los bardos.

Me llamo Kvothe. Quizá hayas
oído hablar de mí.”
Agora toca agardar ao segundo libro da serie, en inglés The Wise Man´s Fears
"There are three things all wise men fear: the sea in
storm, a night with no moon, and the anger of a gentle man.
"
E ir cruzando os dedos para que se apuren coa seguinte entrega de Canción de Hielo y Fuego.

2 comentarios:

EL OBISPO dijo...

Si realmente mereciera la pena ya hubieran hecho una película

Cousa dijo...

Asi que acabe el ultimo de Larsson me quedare sin lectura asi que habra que ver...