Chegaron ás miñas mans, non preguntedes como, unha serie de películas feitas para a televisión inglesa só aptas para os máis frikis. Tal vez vos consideredes frikis, moi frikis ou superfrikis... algún pode que ata ostente orgulloso un 26% de frikismo; pensaredes que se podedes ver cada semana Starwars, sabervos todos os diálogos e incluso pretender emular ao famoso Rancho Obi-Wan cunha crecente colección de bonequiños (e os seus blisters, senón non son figuras de coleccionista), pensaredes pois, que por todo isto sodes frikis abondo... NON, LEDE; tamén pode ser que teñades o
Maletín SuperTop Mr. Blade Runner, que pasedes a semana entre series americanas, todas elas sucesoras mediocres das grandes producións dos 70´s e dos 80´s, como
o Coche fantástico,
O Equipo A, e incluso algún burdo remake como
BSG, pensaredes pois que sodes frikis abondo... e, se non é suficiente, tal vez o gusto polo cine asiático fágavos chegar aos límites requiridos (
Hierro 5 por el culo te la... viva kinkiduk (¿snobs? ¡eu non o dixen!))... NON, LEDE; pode ser que pasedes máis horas diante dun
dispositivo multimedia para todo (para todo tipo de xogos) vivindo as aventuras do voso alter-ego virtual, que interpretando ao personaxe ese que aparece no voso DNI; pode que saibades que é exactamente unha montura épica e canto custa en e-bay, pode que comprendades que
o Ordenador fai todo polo ben da sociedade, tal vez vos vexades máis próximos aos Brujah que á clase media traballadora española, pero NON, non é suficiente, LEDE; ata é posible que sexades a única persoa viva, e maior de sete anos, capaz de ver cinco veces seguidas na mesma fin de semana a inmortal obra do señor Ittenbach, que desexedes volver a vela, que teñades o DVD orixinal e que só precisedes dun pequeno incentivo para visionala en versión orixinal; ata é posible que empreguedes como seudónimo o nome do
primeirísimo anxo caído, que lle da o título á película, Premutos, pero... NON, LEDE (ben, se a isto lle sumades unha afección especial a buscar certas combinacións dentro das palabras, podería ser que si); incluso algúns de vós defendedes a calidade, os méritos e as virtudes de títulos como
“Pepi, Luci, Bom y otras chicas del montón...”, da cal todo o mundo recorda unha única escea de carácter emético, pois, adiviñade... NON, LEDE! Alguén ata escribiu actualicemos con “z”, este que non lea, total da igual...
_Frikis de verdade, Frikis auténticos, Frikis modélicos, F-R-I-K-I-S, son uns poucos individuos que poden disfrutar destas grandes producións televisivas de case catro horas, admirando a súa calidade e elevando a súa puntuación IMDB (xa sabemos “de IMDB me fio”) ata un magnífico 7,4; Frikis consumados, como Jeremy Irons, que por algún trauma infantil está a guiar a súa carreira cara calquera cousa que inclúa, polo menos, un dragón. Porque si, queridos proxéneres, nesta sublime obra hai dragóns, e, de novo, si, nesta cinta digna de museos traballa Sir Jeremy Irons... e Christopher Lee (no comment neste caso), e Sean Astin (Sam alias como-me-pone-Mr.Frodo).
_Xa está ben divagacións, estou a falar de
“The Colour of Magic”, adaptación dos dous primeiros libros de Terry Pratchett sobre o
Mundodisco, onde podemos coñecer ao peor mago do Disco, Rincewind, ao que tal vez recordedes de grandes videoxogos dos que se gravaban en
5 ¼; ao primeiro turista do Disco, Twoflowers (Sean Astin), que viaxa a Ankh-Morpork para ver a Universidade Invisible, a Cohen o bárbaro*, unha auténtica pelexa de taberna e moitas outras localizacións de interese cultural.
_
E tamén estou a falar de Papa Puerco, Hogfather, (7,7 en IMDB) outra gran obra de 4 horas, esta anterior a The Color of Magic, aínda que o libro e a historia escrita sexa posterior (cousas que pasan na tv inglesa, tamén crearon a Benny Hill), ou de anteriores creacións animadas como Wyrd Sisters e Soul Music.
Pois ben, se vos sentides suficientemente Frikis para afrontar o seu visionado, adiante, só vos gustará se sodes fans de T.P., pero, ¡coidado! podedes rematar coma estes FRIKIS AUTÉNTICOS, que gravaron o seu propio trailer da que debería ser a próxima adaptación.
Ou algunha obra de teatro...
* Cohen o Bárbaro xa era unha lenda nos tempos dos avós de Rincewind, Twoflowers e cia. Sen dúbida, o paso dos anos déronlle unha sabedoría máis profunda.
4 comentarios:
OoooooH, el mejor video, el que realmente quería ver is no longer avaliable.¡Mosquis!
No obstante, no es sorprendente encontrarse con bazofia britanica tanto en tv como en cine. Si, es cierto, a veces le juegan y se salen, pero no olvidemos que en el fondo son europeos y las influencias españolas, francesas, italianas tienen que hacer daño.
Interesante prologo
¡El prologo es brillante! Pues mira tu que cuando el manubrio y yo estabamos de tour por England "The Colour of Magic" estaba anunciada en muchisimas vallas publicitarias por todo Birmingham.
Quien escribió actualizemos con zeta es un genio de la talla de Juan Ramon Jimenez y su antolojia poetica.
Um? están todos avaliables, non sei a que vos referides... ou é algún dos links?
Si, ya funciona. El otro día no me furrulaba, pero hoy si.
Pues me moló bastante la presentación de Hogfather o como sea.´Taba curradilla y parecía interesante.
Publicar un comentario