lunes, 24 de marzo de 2008

TI3: Guías. The L1z1x Mindnet

En tempos inmemoriables a galaxia estaba gobernada polos Lazax, un imperio benévolo e próspero que acollía a todas as razas no seu seo. Grandes civilizacións xurdiron nese tempo e uníronse ao Imperio, gobernado a través do Senado Galáctico que se reunía en Mecatol Rex, fogar central dos Lazax.
.
Pero a envexa e cobiza das grandes razas levou ao próspero imperio a unha terrible guerra. Unha coalición de Sol, N´oor e Hacan atacou o centro mesmo do imperio, devastando Mecatol Rex e exterminando a todos os Lazax, perseguíndoos e cazándoos por toda a Galaxia.
.
Estas grandes civilizacións reclamaron para si o Trono Imperial, e embarcáronse nunha guerra que durou milenios. A guerra continua levou a unha progresiva regresión tecnolóxica e pouco a pouco as civilizacións implicadas foron abandonando as súas colonias e retirándose ao seu sistema natal.
.
Tres mil anos despois do exterminio dos Lazax, unha tensa paz reina na galaxia, os representantes das distintas razas volvense reunir no Senado Galáctico, en Mecatol Rex, e as grandes civilizacións parecen listas de novo para reclamar o Trono Imperial. Unha pequena chispa, un recordo do pasado, unha vella profecía, pode ser todo o que se precise para desencadear a carreira polo Trono Imperial...
.
...e como xurdidos desas vellas profecías, tras tres milenios agochados nalgún recóndito sistema, unha flota temible apareceu da nada, clamando ser os sucesores dos poucos Lazax que sobreviviron ao exterminio, reclamando para si o Trono Imperial. Pero pouco queda dos bos e amigables Lazax tras os seres cibernéticos, malvados e crueis, que agora chámanse a si mesmos L1z1x Mindnet, salvo o desexo de vinganza.
.

.
Habilidades especiais de raza:

·O custo base dos Acoirazados (Dreadnought) é de 4 (en lugar de 5).
·Os Acoirazados (Dreadnoughts) reciben un +1 en combate espacial, e as Tropas de Terra un +1 cando atacan un planeta.
·Comezan cun marcador de comando extra na sección estratéxica.
.
As vantaxes: Son malos, moi malos e poderosos, ningunha outra raza ten o poder militar dos L1z1x. Ademais comezan o xogo con 4 tecnoloxías.
.
As desvantaxes: Son lentos no seu crecemento e teñen pobres valores de mercado e influencia. Ademais, todas as outras razas os temen. Só comezan a partida con un Transporte (Carrier) e os Dreadnought son lentos.
.
Estratexias: Os L1z1x son máquinas imparables de paso tranquilo, que poden conquistar calquera sistema. O seu poder militar pode levar a bos tratos comerciais, motivados pola intimidación, pero ese mesmo poder pode levar a grandes alianzas forxadas na súa contra, polo que non deben deixarse levar pola arrogancia e superioridade militar.
.
O seu desenrolo tecnolóxico debería seguir un dos camiños seguintes: a primeira opción sería potenciar incluso máis o seu poderío, comprando Assault Cannon e Graviton Negator, facendo os seus Dreadnoughts aínda máis temibles; a segunda opción sería equilibrar os puntos negativos, mercando Microtech e Integrated Economy.

1 comentario:

suegra del señor oscuro del mal dijo...

Interesante. Insisto que a este juego la fallan las figuras de soldados de asalto(que cojones significan esos miserables estandartes)

POr otro lado, la próxima comida debería estar dedicada a este juego, empezar a primera hora con la explicación(la 2 vez será mejor la explicación y la compresión de la misma) y por supuesto, necesitaremos de;:

http://www.kultureshock.co.uk/v3/images/cc5-hannibal-lecter.jpg

para el pato