lunes, 7 de mayo de 2012

Descendeu un histórico...

...e a min non me apena.



Pois si, seguro que o sabedes pois esta nova impúxose ou, cando menos, compartiu tempo co futebol. O Estudiantes de Madrid descende por deméritos deportivos a liga LEB, veremos se por "sorte" administrativa mantense.

O primeiro sentimento que veredes na masa é de pena, pena porque descendeu un "histórico", un clube con moitos anos e bla, bla, que gañou títulos, pelexou por outros, sempre  loitando nos playoffs, ata onte, un dos únicos tres equipos (xunto co Joventut e Madrid) que nunca descendera (porque forma parte dos 6 que crearon a liga, outros veñen de abaixo e non contan)... pero, e se descendese o Madrid? alguén sentiría esa "pena"? NON, nin de coña. Ademais, os anos de gloria foron tempos pasados, dende fai uns anos viñan coqueteando con este resultado.

 Entón veñen as xustificacións de que é un clube que mima á canteira, que se refai a si mesmo cada vez que  un monstruo grande lles rouba un xogador no que invertiron anos e anos en traballo de formación... pois mirade, a min tampouco me da pena un clube que tanto mima a canteira que este ano ronda os 9 millóns de débeda, que cambiou de adestrador, que fichou  e refichou a xogadores non precisamente da canteira, aumentando así a súa débeda, rematando cunha fichaxe a falta de 2 partidos de Louis Bullock, xogador que leva toda a tempada sen xogar, para participar 10 minutiños e saír silbado e insultado logo de certificarse o descenso onte fronte o Murcia. Será mercenario!!!

Pero bueno, é certo que tira da canteira, este ano unha das maiores atraccións do equipo era ver a evolución dun xove Jaime Fernández... que rematou case sen xogar (media da tempada 9 min). Clark (15 min), Driessen (11 min), Granyer (é canteira? veu xove a Estu, podemolo contar como canteiran) e logo as vacas sagradas recuperadas, Jimenez e De la Fuente. O resto, que xunto con Granyer e Jimenez son os que máis xogan, todos de fora: Simmons, Gabriel, Kirsay, Lofton, Deane.

Tendo en conta que todolos equipos teñen que ter 4 ou 5 xogadores de formación... que diferencia hai?? que máis da onde se criaran?? é mellor o estudiantes por ter a J. Fernández que o Gran Canaria por ter a Beirán (que ven do Estu)?? se é mellor, por que?

Pois eu dende aquí afirmo que NON MIMA A CANTEIRA senón que VIVE DA CANTEIRA e pese a tódalas críticas e silbidos que reciben os señores Reyes, Suárez, Herreros... a súa venda a outros clubes é o que máis lle interesa ao Estudiantes. Véxase o caso de Ricky Rubio no Joventut, se non fichase polo Barca, tal vez o clube estivese xa desaparecido... outro histórico.

Pero bueno, tamén caen simpáticos por ter unha das mellores aficións da liga, a Demencia, case 1000 persoas nunha peña "que sabe de baloncesto"... pois eu da Demencia xa teño visto cousas bastante feas, máis propias de poligoneros seguidores do At. Madrid*,  sexan sabios ou non. 



Pois este clube endeudado ata as orellas, van ter que pagar os alumnos do Ramiro, ten un presuposto que duplica e eu diría, case triplica, o do Obradoiro, deu pena deportivamente e merece estar en LEB. Ademais, era preciso que descendese para evitar o pensamento ese de "ao Estu non lle van deixar baixar".

Tal vez sexa iso precisamente o que precisa para recobrar a súa senda, ben é certo que os éxitos chegaron na época de dous e tres extranxeiros por equipo e o resto españois... canto dano lle fixo a lei Bosman ao Joventut e Estudiantes, agora calquera fai un equipo competitivo con 8 descoñecidos non-extracomunitarios.

Por último, xa sei que algún malpensado pode creer que me alegro simplemente por Carlos Jiménez, todo o contrario, deume bastante pena, sobre todo logo de comparalo co alegre adeus do Tuky Bulfoni, con salvación e victoria. Que non me gustase como superxogador da selección  non quere dicir que non sexa un grande xogador e xa nos houbese gustado telo por estes lares!

 
*Liberdade que se toma o redactor sen fundamento ningún. Lembre todo o mundo que somos a DETESTABLE proxenie...

Agora si, xa para rematar, seguro seguro, resultado da supermanager... iuju! Cos meus 4 equipos, só 4 non 400 coma outros (mirade o tal jbl1956 da provincial) ... 1 e 3 en Santiago, 20 na Coruña e a menos de 500 puntos do gañador, que parecen moitos pero son realmente poucos.







6 comentarios:

EL OBISPO dijo...

Aplastantes felicidades por el supermanager.
Los últimos años sin jugar y éste...joder, hasta dejé de mirar. Penoso, penoso, penoso. El día que me puso de mala hostia paré de mirar. Penoso.

Sobre lo del Estu...en fin. Amén. Llevan 5 añitos, más o menos, con unas mierdas de plantillas importantes. Los parches han aguantado no sé como(con alguna ayudita de vez en cuando) Fichajes caros de jugadores de medio pelo, proyectos de 3 meses vista y cambiando de jugadores una y otra vez. Si el estu fuera lo que dicen que es....molaría. Pero eso es imposible en el baloncesto del siglo XXI.

Ea, a la leb que igual hasta le viene bien.


Carlos Jimenez. Me jodía su molesto reconocimiento popular. Un reconocimiento que se le negaba a otros(a Rodrigo de La fuente el tiempo lo ha puesto en su lugar). Fue un buen jugador, por momentos muy bueno y pudo y debió ser un poco mejor. En la selección dejó un hueco grande y con los años(a partir de los 26/27...se convirtió en un jugador sucio y marrullero de los que molan, en plan Garbajosa) Se le echará de menos.

Es el primero en caer. Algún día serán los Navarro, Gasol, Felipe... Winter is comming.

EL OBISPO dijo...

a udoka le dio pena que descendiera el estu:

http://planetacb.com/2012/05/08/video-udoka-grito-al-publico-del-palacio-abajo-abajo/

3872 Orcos dijo...

Este clube tivo nesta tempada 18 xogadores!!! 18!!! viva a canteira!!! proxecto de futuro!!! un futuro colloudo, iso si, en LEB, aí si que van poder darlles minutos.

Parece que Canarias está máis cerca de conseguir as pelas, a ver se o Obra consegue a pasta para convertirse en SA, se non, ao pozo nós e pa´riba o Estu!

EL OBISPO dijo...

Pues como no se consigan los 2 millones....joder, eso si que iba a joder...y más siendo el puto estu el beneficiado.


Por cierto, rumor lanzado por el mismo sujeto: Cabezas busca equipo en la NBA. A mi me parece de puta madre. Si yo fuera un buen jugador acb también lo haría. Si fuera un paquete de 2`14 también lo haría.
Muchos dirán que allí no pinta nada, que va a jugar menos de 20 minutos por partido. Yo digo, que se jodan todos. ¿Cuantas veces juega aquí menos de 20min.? Un montón. ¿Cuántas veces no mete aquí 10 puntos? Un montón. Joder, va a hacer lo mismo allí que aquí y si tiene suerte incluso más. Va a ganar más pasta, a ganar caché y a jugar con los mejores. Ya verás como un montón de gente va a rajar de él. Ojalá se vaya.

Paiaso dijo...

Para min que o que quere Cabezas é acelerar ofertas pola súa 'cabeza'. Pero si, estaría de ptssssima nai que fose pra alá

EL OBISPO dijo...

Si, parece que va pa´l unicaja. o eso dicen. Debería probar en uSA.