lunes, 2 de noviembre de 2009

Xornada 5

A euforia apoderouse dos picheleiros cando, xa a poucos segundos do final, o resultado marcaba un claro 86-66, a victoria era segura, a festa tiña que comezar, por fin o Obra gañara en ACB e se poñía cun 1-4 na clasificación. A afección comezou un OEE OEE OEE instada por unha perniciosa femia de pelo azabache e lustrosos tirabuzóns á que nós coñecemos como La Cosa Del Pajar; momentos despois decidiu que os acontecementos eran suficientemente importantes como para poñerse en pé, así que, todo o pabillón en pé... Tales feitos quedaron recollidos por un anónimo afeccionado que se atopaba a salvo, na esquina oposta:



Pois si, a pesares dos máis pesimistas, vencemos ao Fuenlabrada, que viña invicto e cun trio de xogadores que se repartiran os 4 MVPs das catro xornadas anteriores, por orde: Batista, Fitch, Thomas e, de novo, Fitch. Nesta ocasión, Alfonso Sánchez desquiciou a Fitch, Thomas non brillou e Batista, pese a ser o mellor do seu equipo, puido ser controlado. Xa o dicía este humilde paiaso aquí, no Blog, "se lles pode gañar"... son un bo equipo, viñan en boa racha, teñen calidade para pasar a tempada sen maiores disgustos, con sorte meterse na copa, pero dependen, como case todos, dun par de xogadores, un deles, Gerald Fitch, prototipo de americano anotador "melotirotodotodotoditotó". Estilo Terry pero chupando moito máis. Ese tipo de xogo é gañable, sobre todo cando xogan a domicilio.


Ao Obra, veulle de perlas, para afrontar unha viaxe a Manresa con algo de ánimo, para inaugurar o casilleiro de victorias, para afrontar os difíciles partidos que están por vir ao Multiusos coa confianza de que algunha sorpresa pode caer. Esta semana Manresa, outro partido que se pode gañar, pero a domicilio hai que facer as cousas moi ben ou estás perdido. Para a semana o Unicaja, ferido de morte, sen coñecer a victoria en ACB, sería o mellor momento para aproveitar e gañar a uns dos grandes.


E así temos a clasificación. destaca a presencia do Unicaja e Bilbao nas últimas posicións, complicándose o acceso á Copa do Rey (case se pode dicir que están fora) e tamén o 2-3 do Cajasol, por riba nosa, o Fuenlabrada (Ayuda en Acción) do que xa destacamos o seu gran inicio e os bos resultados do Lagún Aro e do Suzuki Manresa (aos cales temos que aspirar a arrincarlle varias victorias).

Tamén é o momento de comezar a laiarnos pola derrota co Granada, que ven estaríamos agora con esa victoria. E vemos tamén aos nosos rivais máis directos: Murcia, Alicante, Granada, Valladolid e, según parece, un ano máis, o Estudiantes (a ver se baixa*).




*caso de odio persoal dun clube baseado na canteira.... ¡ja! ¡me parto! teño que buscar o plantel e os minutos de xogo da "canteira".

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Paiaso, espero que tengas la satisfacción personal de ver descender al Estudiantes ante tus propias narices rojas en el último partido de liga regular!!!!

o-bra-doi-ro (a ver si fichan a Lucía "López ferreiro" como speaker)

3872 Orcos dijo...

vaamooss kostitas!

EL OBISPO dijo...

El estudiantes este año, sorprendentemente no tiene tan mal equipo, hasta tiene un entrenador bueno...pero espero que se pudran con su fabulosa afición en la LEB,EBA....zonal....

Sorprende el Unicaja(3-0 en euroliga) pero desde luego los problemas del unicaja son claramente de plantilla. Su plantilla es floja, por no decir mala: ¡¡¡SUS PIVOTS TITULARES SON LOS DE INGLATERRA!!(y no los titulares de inglaterra, por cierto) los bases americanos son lamentables(peores que los del obra? bueno,tampoco hay que pasarse) pero es que O.Cook es un jugador con un nivel de preescolar, y J.POoh es un chupón de medio pelo. Después el fallabolas de Welsh, que no se que cojones sigue haciendo ahí año tras año, decepción tras decepción(que esperan, que explote? no joder, es un jugador con buena pinta pero vulgar) Lo único positivo que le veo yo este año son Dean, que me mola y Printzeis que es un jugadorazo.

SUERTE OBRA...EL MANRESA ES PRESA FÁCIL