miércoles, 9 de septiembre de 2009

Obradoiro na ACB

Si querida proxenie, é o momento de falarmos de Ba-lon-ces-to, pese á pranta que lle pese... Pois este ano o Obra estará en ACB, e hai que celebralo. Propoño pois un pequeno seguemento no Blog, que, ademais, está moi morto nestas datas estivais... falemos de fichaxes, posibilidades, abonos, etc..


...SE MONTAMOS UN CIRCO, CRÉCENNOS OS ANANOS...



EQUIPO COMPLETO: A falta de cubrir unha ficha, necesariamente nacional, que pode ser para o superveterano de 42 tacos Mike Higgins (si, si, é español), xa temos o equipo completo.




Marc Jackson: Veterán pivote americano, de alto caché, que militou na NBA durante varias tempadas, pasando por Golden State, Minnesota, New Jersey e New Orleans. Logo voltou á europa (curiosamente comezara xogando no Lobos Cantabria) para xogar no Olimpiakos grego. O ano pasado fichou polo Unics Kazan ruso e este ano ven a Santiago a enchernos de amor e ilusión... ai non! eses son os Reis Magos! pero case! fichaxe de luxo para completar o equipo, a ver en que forma se atopa. Mide 2,06, é un pivot forte, ten 34 anos e pode ser o noso referente interior.

Maximiliano Stanic: Será o noso base titular, é Italo-arxentino, polo que conta coma comunitario, ten 30 anos e mide 1,78. Procede da Lega Italiana, do Scavolini, destaca como director de xogo, bo pasador e organizador, polo que deixará, a priori, as labouras anotadoras aos aleiros e pivotes.


Juan Alberto Aguilar: joven base de la cantera del Cajasol que vendrá cedido durante un año. Tiene 21 años y mide 1,89 m. El año pasado disputó algún minuto con el equipo de ACB de Sevilla, alternando su presencia en ACB con el equipo de LEB plata. Será el suplente del base americano y, posiblemente, "chupón" que están buscando. Es nacional, con lo que a día de hoy nos faltaría un cupo (GG?).

Reyshawn Terry: Ala pivot americano de 2.03 e 25 anos, provinte da liga italiana (Virtus de Bolonia). Agárdase del un xogo polivalente tanto dentro da pintura como un pouco máis alonxado do aro. Será, a priori, o 4 titular do equipo (agardemos a Germán G. para dar o salto de calidade que precisa o equipo) que terá que xogar moitos minutos (asumindo que de 5 xogarán Akindele e Pasalic, e, a día de hoxe, súa única rotación será Manzano).


Héctor Manzano: Xogador de 29 anos, 2,05 de altura e procedente da liga LEB Ouro. Xoga de 4 inda que pode actuar como un 3 alto, ten tiro exterior e corpo para pelexar na pintura. Sen dúbida será unha das rotacións dos xogadores con máis caché, ademais de servir para cubrir unha nova praza de nacional.

Kostas Vassiliadis: Xogador grego, de 25 anos e 2 metros de altura. Tirador e anotador que terá que ser un dos puntais do equipo. Do rendemento deste xogador pode depender parte da tempada do Obra. Xa xogou no Unicaja na liga 06-07, non sendo un xogador decisivo no equipo, pero deixando ver as súas grandes capacidades anotadoras dende o perímetro.

Alfonso Sánchez: Xove escolta pertencente ao Unicaja de Malaga, de 22 anos e 1´95, rápido e intenso en defensa, comezou a última tempada de Scariolo a xogar bastantes minutos de calidade, pero as continuas lesións estropeáronlle os dous últimos anos da súa carreira. Agardemos que teña unha boa recuperación e poida axudar moito ao equipo.

Nihad Djedovic: (ou Dedovic, aparece escrito das dúas maneiras en varias páxinas), é un escolta de 1,96, penetrador e tirador, de tan só 19 anos. Unha das promesas do baloncesto balcánico, pertencente ao barcelona e que xogará cedido neste novo Obradoiro. Aquí gozará dos minutos que precisa para medrar coma xogador e, se consigue alcanzar un bo nivel, será unha das grandes atraccións do equipo. Estivo a xogar estes días o preeuropeo de Polonia coa súa selección, acadando unhas boas estadísticas



Javier "Tuky" Bulfoni:Un novo xogador exterior que completa así o perímetro do equipo. Arxentino pero con pasaporte italiano, mide 1,92 e ten 33 anos. Destaca por ser un bo tirador. Fixo unha gran temporada no León fai dous anos pero o ano pasado, tras fichar polo Manresa, non destacou o agardado. Agardemos a ver como se adapta e que rol toma no equipo.




Drago Pasalic: Ala pivot procedente do Bilbao Basket, onde non xogaba demasiados minutos e que virá con gañas de demostrar a súa valía. Entre ACB e Euroliga promediaba 15 minutos por encontro, aportando 6 puntos e 3-4 rebotes [máis estadísticas]. Este croata de 2,08 e 25 anos saiu das categorías inferiores do Split e xa pasou polo Ulker, polo Paok e polo Bilbao (2 últimas tempadas). Agardemos que co aumento de minutos de xogo que se lle prevén garantidos no Obradoiro gañe confianza e mellore os seus números.


Mike Higgins: "Oh capitán, mi capitán!": Ven a completar a plantilla, veterán pivote de 42 anos e 2,05 metros. Ocupa plaza de nacional e parece que ten o control do vestiario, polo que seu rol será unir ao grupo, poñer aos rapaces a traballar e imprimir un toque profesionalidade e traballo en todo o grupo... porque, se algo non se pode dubidar, é que se estás a xogar con 42 anos eres un portento físico ou un profesinal "qué profesional" como a copa dun pino.

Foro do Obradoiro en ACB.com para estar ao día, para botarse unhas risas coa opinión da xente... debería entrar o Explorador Pendenciero.


20 comentarios:

EL OBISPO dijo...

Partiendo del hecho de que de no teniendo nada, tener algo, por muy malo que sea, es mejor... decir que Marko Tomas no va a jugar en el obra y Gabriel, que creo ya es seguro se queda en el unicaja tampoco(me juego mi tiara obispal)
Jeter pooh puede que si, al igual que Stojic o Dejovic(el del barÇa) y bueno son buenos jugadores(parece una buena idea pescar en Menorca no?)
Apostar por el Dejovic este puede ser una buena idea, porque si el tipo te sale un crack pues igual consigues que te salve la categoría y todo.
Alfonso Sanchez, quien ya no me gustaba antes, seguro que acaba en las filas del Obra. Lleva dos años sin jugar por lesión y encaja a la perfección en una estructura destina al descenso(lol)
¡¡¡¡que morro cabrones, que os vais a hacer socios!!!

EL OBISPO dijo...

Bueno, rectifico. Alfonso Sanchez ya fichó por el obra. Genial, un jugador vulgar, que ni tira, ni penetra, ni es alto, ni fuerte, ni defiende especialmente bien y, como digo, lleva dos años sin jugar. Un gran fichaje.


Añado: Me alegro que Scariolo se haya decidido por Llul, no soportaba la idea de tener que ver al piojoso de Carlos Suarez(tipico jugador qeu parece que le pesan los brazos) en la selección. Llul mola.

3872 Orcos dijo...

En primeiro lugar hai que cambiar o chip e pensar que falamos do Obra, non do Madrid ou do Barca, e que é o menor presuposto da liga, co cal non se poden fichar xogadores moi renombrados. Dito isto, creo que me fai máis ilusión a incorporación de xogadores xoves (cos que non se sabe cara onde vai saír o tiro) que a algunha vella gloria en decadencia (que fixo tamén cae algunha).

Tendo en conta o anterior, eu valoro bastante positivamente a fichaxe de Alfonso Sánchez, e con moita ilusión a posibilidade da cesión de Djedovic.

Sobre Jesse Young, agardo que non vaia ser o pivot de referencia, non o vexo moi claro, inda que era un tipo cunha certa "clase" xogando.

Jeter e Stojic si que estarían moi ben e deberían ser xogadores "factibles" para o Obra. Como ben dis, e xa quedaba dito na entrada, Tomas e Gabriel serían grandes referentes para o equipo, pero parece que non hai xeito de fichalos.

Lástima que posiblemente non haxa un bo olleador, e se o hai, non ten tempo para traballar, (por iso só se fala de xogadores ACB) pois xogadores que de verdade poden revolucionar a liga e saír relativamente baratos son os que xogan en Francia, Bélxica, Alemania, Polonia, etc... que estarían encantados de deixarse ver pola ACB.

pantumaca dijo...

A min gostariame ver xogadores 'da casa', xa que as aspiracions son a permanencia, cando menos terian ganas de loitar un pouco ...polo menos sera curioso ve-lo obra en abc un ano

Paiaso de Asalto dijo...

Je je, gran aportación cómica do noso benquerido Pantumaca... Non estaría mal ter un par de xogadores "da casa" coma referencia, pero ¿que galegos hai na ACB? ademais do mencionado Lucho, temos a Fran Vázquez, e non quere liderar o proxecto.

O que si parece bastante feito é a chegada de Djedovic cedido polo barca, fichaxe que parece bastante ilusionante, pois é unha grande promesa balcánica con gañas de destacar e facerse un oco entre os grandes.

Agora tamén se baralla a chegada de Ilievski (ex do Barca e, durante uns meses do ano pasado, do TAU) coma base, o que confirma a idea de que se buscan xogadores coñecidos na ACB, posiblemente máis por descoñecemento doutras ligas que por desexo de atopar xogadores coñecidos.

Paiaso de Asalto dijo...

Parece que Ilievski resulta moi caro, Jesse Young fichou en Italia, de Pooh Jeter non se voltou falar, e comentouse que se pediu a cesión de Mirotic (outra xove promesa balcánica, esta pertencente ao Madrid) pero Messina quere velo na pretemporada... tempo ao tempo...

EL OBISPO dijo...

Pues que quieres que te diga entre bulfoni y alfonso sanchez me quedo con bulfoni cojo, a una mano y jugando uno de cada tres partidos que con A.Sanchez entero, siendo joven y con ilusión.

Ya se que no es el Barca ni el madrid... hasta ahí creo qeu llego. Lo que digo es que Alfonso Sanchez no me gusta. Si va a ser el 4 alero, vale, pero si va a jugar 20-30 min. no.
Dedovic, buena apuesta y si consiguen al del madrid, del que se hablan maravillas, pues también bien.
Aun estan moviendose bastante mejor de lo que yo esperaba.

El comentario de pantumaca lleva haciendome reir como diez minutos.
Creo que además de Javi Rodriguez y Fran Vazquez estaba Esmoris(qeu no Smodis) hace unos diez años jugando en la ACB.

P.D: buen fichaje del Barca.LOrbek

El madrid apunta por Sergi Vidal(bien por ellos)

P.D2: Hoy a meterle una buena paliza a los ingleses esos.(a las 0.30

medusa aburrida dijo...

Es una pena que la Planta no esté ahí para verlo y aguantarlo. ¡Qué pena, penita, pena!

El Paiaso dijo...

La Planta! la Planta? quién es esa? deberemos mustiarla con photoshop y hacer compost con sus restos? Que sufra, pues en cada actualización pienso actualizar también la fecha de la entrada!

Paiaso de Asalto dijo...

Esto vai collendo forma, faltan os bases e os nacionais, que forzosamente hai que fichar, e que, ou son os máis malosos (isto vai ser así 99% seguro) ou son demasiado caros ou aspiran a equipos da parte alta (por exemplo Germán Gabriel). Inda así, sempre hai algún bo nacional que cumpre e aporta aos equipos nos que xoga.

Outra opción sería conseguir cesións de xogadores xóvenes, que, polo de agora e salvo Djedovic, estanse a levar outros equipos.

Tamén podemos agardar a que o Barca fiche a Ricky e quedarnos con Victor Sada... ja ja ja (era broma, xa nos molaría)... ou puxar por Ricky, aquí nos chegaba con que xogase un so ano.

EL OBISPO dijo...

Por cierto el fichaje del griego a priori es cojonudo.

Digo a priori porque ¿qué cojones querrá pintar ese aquí? ¿no lo ficha nadie? ¿por qué?

si...si....si.... siempre negativo, yo siempre negativo, nucna positivo(pero es el ambiente capitalino que me rodea)

EL OBISPO dijo...

El yugoslavo del bilbao buen fichaje también y el nigeriano a saber como te sale.Buen fichaje también.
Hasta ahora no me gusta el de sanchez y veo bien los demás(en principio) Están haciendo mejor equipo del que pensaba.

Paiaso de Asalto dijo...

CONFIRMADO: Flis e H. Manzano xa son do equipo. ¡xa temos oito!

EL OBISPO dijo...

Joder FLis.

Pescando en las enfermerías se encuentran cosas prometedoras. Este flis iba para crack y desde que se lesionó....pasó de estar en la pre selección de la Rusia campeona de Europa a....al Obradoiro!!!
A ver que tal, la verdad es que están haciendo un equipo bastante digno. Como acierten con algún americano molongo de estos que causan impácto por tres pesetas pueden hacer cosas.

EL OBISPO dijo...

Primer partido contra el Dinamo de Moscú.

....ahhhh! ayer contra Inmaculada y mañana contra el Dinamo de Moscú.


Por cierto. Hoy serví un nutritivo desayuno a Melvin Sanders(jugador del Gran Canaria) me pagó con tarjeta y por eso lo conocí.Jejejje, le pregunté si era el jugador y al tio le hizo una ilusión que no veas.

pantumaca dijo...

Me alegra de que se alegren con mis comentarios, no pretendian mas que expresar un utopico deseo. XD

Asi que el señor obispo ahora se dedica a dispensar ostias sagradas a estrellas del firmamento deportivo, cuidado si te cruzas con CR9 no sea que se ponga cariñoso y te lleve a un cuarto oscuro para mostrarte su agradecimiento :p

Así que ya somos suficientes para jugar una brisca ...bueno, al menos la cosa va tomando forma.

3872 Peplowskis dijo...

Bremer dixo que non! agora vai probar polos Celtics, era algo que se cheiraba ao lonxe, o Obra coma última opción... pero bueno, será por bases chupóns...

Gabriel está libre, pero é moi caro.

E temos a proba a un novo chaval, Mike Higgins, un pipioliño rocoso de 42 anos con pasaporte español que sairía bastante máis barato que Germán. Pero ¡ollo! xogou nos Lakers alá nos anos 90... ¡é mellor que Fran Vázquez!

3872 Orcos dijo...

Dous amistosos por terras vascas e dúas derrotas. O primeiro contra o Bilbao, que ten as ausencias de Blums, Banic e Mumbrú, perdimos de 7, 77-70, resultado digno, onde destacou Pasalic por riba do resto.

O segundo contra o ex-Tau, agora Caja Laboral, a porta pechada, con resultado de victoria "cómoda" para os Victorianos.

EL OBISPO dijo...

Joer es que los resultados dignos son algo más de lo que esperabamos hace un mes y medio.

Obispo de Mark Jackson dijo...

M;ark Jackson es un fichaje de la hostia. Este tipo fue la estrella del mercado NBA un verano. Podría haberlo fichado el Madrid o el BarÇa.
Con este tio el equipo da un salto de calidad tremendo.