sábado, 10 de septiembre de 2011

Desperdicios municipais

Mr. Seagull faloume onte mesmiño dun grupo deses que tanto o emocionan e que, segundo as súas propias verbas, non pode compartir cos seus eruditos amigos folquies. O grupo chámase Municipal Waste, de Richmond, EEUU. Segundo a omnisciente wikipedia, é unha banda de crossover-thrash.

Comecemos o noso estudo cun primeiro vídeo, a canción: Unleash the bastards... o título, voluntariamente ou non, xa é indicativo do que pode ocorrer. O mellor, podemos ver a Tim (nome elexido ao azar) quitarse completamente a roupa e lanzarse ao público (min 1:10 aprox). En vídeos posteriores poderemos recoñecer ao bo de Tim pola súa carencia de pudor e exceso de suor. (maximizade, non sexades profes... digo, vagos, que vale a pena)



A xente, como podedes ver, divírtese ao "seu xeito", nada malo, todo inocencia. Na seguinte canción, Mutants of War, podemos ver como evoluciona o show. Tim segue a pasalo en grande (min 1:05 podemos velo arrelóarse polo escenario). Pero o mellor está por vir...

minuto 2:20, podemos ver peoplesurfing... ou un tipo cunha tabla de body lanzarse ao "respetable"

min 3:35... no comment!!! let´s make things interesting.... [...] you can really hurt yourself with that... don´t let us down!




min 5:55 aprox... peludo arreolado e Tim bouncing...

Por último, un vídeo elexido polo mesmísimo Manubrio de EbAno, Wrong Answer :

miércoles, 7 de septiembre de 2011

Profesores... esos vagos!!!!


Aquí están de novo, eses chupópteros sociais, os Profesores, agora vanse queixar por un par de horiñas á semana máis de horas lectivas. Un par de horas! Cando todo o mundo sabe que traballan 18! (21 en primaria, pero, con neniños, so tes que cantar e sumar). 18 míseras horas e se queixan. Canto traballa unha persoa normal? xa contesto eu, moitísimo máis... por no falar das vacacións.

Total, 2 horas lectivas máis á semana que supoñen... 9 horas máis ao mes (4 semanas e media). E, se tes que preparar as clases, buscar exercicios, elaborar apuntes... poñámoslle media hora de relaxado traballo na casa por clase. Máis un par de horas para correxir os traballos e controis dos rapaces... 14.5 - 15 horas ao mes. E, nos tempos que corren, quen se vai queixar por traballara 15 horas máis ao mes??? se ate os profesores son conscientes de que corren malos tempos, que lle baixaron aí atrás o soldo un 7% e, ben, a día de hoxe, seguen sen vivir baixo dunha ponte.

Porque isa é outra, o soldo dun profesor é de 2000 eurazos ao mes... que bueno, coas retencións que todo o mundo paga, se queda nun ingreso de 1600. La hostia! Canta xente cobra menos de 1000 euros ao mes? ¿non son conscientes de que son uns privilexiados? E logo teñen os ***** ****** de dicir que non teñen nin dietas nin coche de empresa, que traballan por toda a comunidade, que teñen que alugar ou pagar gasolina e peaxes, que en Septembro che din onde vas traballar durante o ano... "Burela, definitiva"... búscate a vida... pois, a unha boa parte dos parados deste país gostaríalle ir a Burela cunha praza fixa... pero claro, son currantes, non se puideron pasar 10 anos de troula entre a universidade e as oposicións. Bueno, seguindo co salario, ben é certo que se pretenden ter unha actividade económica extra nas súas horas libres, o soldo disminúe en 500 euros por Non Exclusividade, pero xa teñen dous soldos, que máis queren? ser como os médicos?

Case parece que, creando un posto de traballo apetecible, funcionariado tipo A ou B, con boa remuneración, tempo libre e vacacións... quixésemos atraer aos bos universitarios cara a función pública! se onde fan falla é na privada! potenciando as empresas que son as que levantan un país!

O primeiro é saír da crise que, desgraciadamente, foi causada polos bos bancos e especuladores inmobiliarios... pero canto fixeron estes empresarios polo progreso de España! así que, arrimando todos un pouco o ombro, sobre todo os funcionarios e mileuristas, tal vez podamos axudar aos nosos queridos bancos, políticos e glamurosos terratenientes.



martes, 6 de septiembre de 2011

Oh Dios, oh Dios, oh Dios... ¡está cerca!

¡ID Y DIFUNDID LA BUENA NUEVA!

domingo, 4 de septiembre de 2011

Kin Ball


Hablaba el otro día de deportes alternativos con algunos miembros no activos de la progenie. Les hablaba del Kin Ball. Y pensándolo bien no sé si la palabra es deporte o juego. Dejémoslo entre medias pues.

El material del juego es sin duda llamativo, y puede ser un aliciente para que los más jovenes se emocionen a simple vista. Se juega con una balón gigante(dificil de conseguir en España y por lo tanto, caro) El terreno de juego es un campo cuadrado de 21m de largo. La duración: 3 tiempos de 15min.





La organización es tres equipos con 4 jugadores por equipo, cada equipo con un color, y las reglas básicas son pocas y sencillas:

El juego consiste en una sucesión de saques y recepciones constantes. El equipo que saca trata de que el balón toque el suelo y el defensor debe impedirlo.

El modo de juego es el siguiente: un equipo(color Rojo) tiene la pelota, entonces dicen en voz alta "OMNIKIN" y a continuación el color al que atacan, por ejemplo Blanco, entonces el equipo blanco debe impedir que la pelota toque el suelo. Si lo coges, sigue el juego pero si toca el suelo se conseguirá un punto.... pero aquí una de las peculiaridades de este deporte: se anotan el punto los dos equipos que no han dejado caer la pelota.

Los defensores deben estar a 3 m de la pelota.

Para que el lanzamiento sea correcto deben mantener el contacto con la pelota 3 jugadores y desde ese momento el 4º jugador tiene 5 seg. para golpear la pelota(los segundos se cuentan en voz alta por los rivales)

El balón debe lanzarse como mínimo a 1 distancia equivalente a 2 veces su diámetro antes de tocar el suelo.

ahh... y otra importante, te puedes desplazar libremente con la pelota por el campo para buscar un punto más ventajoso desde el que lanzar.

Obviamente son más las reglas, pero con esto ya se puede entender la cosa.

Puedo decir que parece una mariconada absoluta, pero es divertido y para los más gañanes decir que es un juego donde se producen con cierta facilidad fracturas y lesiones desagradables(es fácil hacerse daño al golpear la pelota, si no lo haces con la tensión necesaria, lo dicho, es fácil lesionarse)


sábado, 3 de septiembre de 2011

A volta do Explorador... e a pouca fe.

Vai ser unha entrada curta, moi curta...

Primeiro, tal e como o título indica, ao Explorador Pendenciero volta a ser protagonista da prensa. Tal vez con menos repercusión que a súa aparición anterior nas retransmisións da Sexta, pero aí está, esta vez nun medio local como o gran Correo Gallego. Podedes buscalo na noticia sobre os abonos do Obradoiro. Falando dos abonos, eu véxome facendo cola o día 27 para, pagando menos, tentar conseguir mellores asentos dos que temos.

Segundo, o Eurobasket, témolo todo a favor, Gasoles arrasando, Ibaka, Navarro on-fire, Calderón... pero, falta gracia, chispa, eu teño moi pouca fe. Ao igual que cando dixen aquelo de "hai que ter fe" logo de perder con Francia e case palmar con GB fai dous anos, agora digo o contrario. Non vexo esa chispa que poida inflamar á ÑBA (que conste que me parece un nome despectivo e parvo, parvo, parvo). A miña esperanza baséase en que é un eurobasket longo, que hai que ir de menos a máis, que os primeiros rivais eran dignos de relaxación e que o Sr. Gasol é un gañador e non vai deixar que a nave se afunda sen dar uns cuantos golpes de calidade.

E agora, recomendar a todos a entrada do Obispo, e o libro de Itu, "es la hostia", nin que fose de Bilbo!