lunes, 24 de diciembre de 2007

Sexo, enquisas e cintas de vídeo.

Benqueridiña proxenie e demais amigos.
Pensando en facer un pouco de limpeza e pasando por alto as trampas confesas do señor Pato: "Bueno, en canto o dixéchedes, votei na casa, no traballo, díxenlle a Pilitv que votara, aos do lado..."; quedan aprobadas as seguintes mocións:

1. O nome do Blog queda fixado dende agora, e por toda a eternidade e máis alá, como: "El Pato del Apocalipsis y su Detestable Progenie", por abrumadora maioría de 7 votos fronte aos 5 de "...y los Amigos de lo Obsceno", e para un total de votos de 15.

2. Ben quedaron contrastadas as trampas feitas coa enquisa na que só 2 persoas denunciaban a cacicada electoral, 4 obtaban pola fácil e libre de controversia resposta de "todo é culpa de Premutos e merece unha collegha!", e os outros 4 ¡provintes claramente dos culpables! querendo xustificarse con visitas de xente allea ao blog.

3. Por último, e tamén por sobrada maioría de 3 votos fronte 2, queda aprobado o lugar da cea de nadal, que terá lugar o Venres 28 no Mesón do Pulpo, a pesar de que en dito mesón descoñecen tal feito. Estaría a ben que un membro detestable pasara por alí para avisar. Como o Mesón está pechado, pois entón queda decidido unánimemente por algúns que a cea vai ser na Pulpería Concheiros.


Por último aclarar que a palabra "Sexo" no título era para chamar a vosa atención evitando así desculpas do tipo "non lin a entrada" "non sabía nada" "eu non fixen trampa, nunca dixen tal", pero aquí non atoparedes fotos sucias nen animais procreando, ¡somos un blog serio!

1 comentario:

Anónimo dijo...

Hace un rato llamé para reservar pero claro, no contestó nadie. Intentaré volver a llamar el miércoles pero me teneis que decir para que hora reservo.