miércoles, 12 de diciembre de 2007

Battle Royale... Xoia ou "delete-delete"?


O Sábado pola tarde, como ben recordaredes, dispuxémonos animados ao visionado ou, nalgúns casos, revisionado da película Battle Royale, película que anos antes deixárame clara unha cousa por riba de calquera outra consideración sobre a trama, as actuacións, a banda sonora (je, je)... O que me quedou claro foi que “están tolos estes xaponeses”.


Esta é, sen dúbida algunha, unha das mellores e máis ácidas críticas sociais dos últimos tempos, cun carácter internacional, non só aplicable á sociedade nipona, senón que abarca a todos esas nacións desenroladas do chamado Primeiro Mundo. Reflicte os maiores problemas que temos na nosa sociedade: o conflito educativo e o poder crecente das televisións coas súas programación sensacionalistas onde todo vale.


A película conta coa actuación do grande Takeshi Kitano, actor dunha calidade soberbia, moi por riba do señor E. J. Olmos, por citar un exemplo. Sen embargo, súa impecable (coma sempre) actuación, culminada cunha escena final merecedora de interminables loanzas, fai que as correctas interpretacións dos seus compañeiros de reparto, a maioría adolescentes sobrados de talento interpretativo, parezan grotescas, sen graza e incluso carentes de guión.

Recomendo altamente esta película, que xa participou do prestixioso festival Cineuropa. Para min, un 8, exactamente o número de persoas que nos xuntamos para vela. ¿Quere dicir isto que se a vise eu so, cualificaríaa cun 1? Pois si, altamente recomendable vela en grupo. Ademais, o 8 coincide coa nota de IMDB, que como ben sabemos é unha fonte fora de toda dúbida (ver The Hive (2007)).

So quero deixar unha reflexión no aire ¿que ocorrería se esta película fose made in Hollywood e viñera apoiada cunha gran campaña publicitaria? ¿aplaudiría a xente en Cineuropa ou ergueríase do seu asento antes do final?

1 comentario:

EL OBISPO dijo...

Evidentemente si fuera made in usa(en plan Transformes) esos rojos de cineuropa no dudarían en sacarse sus gorras de escritores en paro y esas palestinas, que llevan al cuello incluso en verano, para abuchearla.
Decir que una película hace una critica social es decir que es aburrida. Nadie dice de una película que mole que hace una denuncia. Nadie dice de una película que mole que lo mejor es su BSO(solo el pato loco ese). Nadie dice de una peli que mole que lo mejor es su fotografía, nadie… todo eso son mierdas que se inventan esos rojos de tebeo para atacar el verdadero cine, que es el comercial de USA. Lo demás es mierda. Yo lo sé, todos los patos lo saben y hasta los galegueiros lo saben, más les joda.

Por otro lado, la película es flojosa. Aunque debido a sus brillantes dialogos y situaciones sufrí algún ataque de risa-pis. Yo le doy un 2, aunque solo sea para no ponerla al nivel de Caramel(merecedora de la más baja nota de la historia del cine, Almodóvar mediante)