viernes, 28 de diciembre de 2007

¡Ano novo, xogos novos!

(Premutos: prohibido rirse do título, gorrino!)

Compañeiros, o tempo libre é malo, e eu levo uns días con moito tempo libre.

Sempre perseguindo a compra ideal, nunca chegando a ela... agora o que busco é un xogo algo máis complexo e longo dos que temos, onde se note a estratexia e xestión a longo prazo, e unha parte militar onde haxa unidades diferenciadas (deixar a un lado o concepto “1 exército” contra “3 exércitos”), un xogo que tal vez só queira xogar eu. Estes son os que me tentan:

Xogos “comerciais”, máis complexos e longos que os que temos, pero non moito:

- Starcraft: Baseado no xogo de ordenador. Ten tres razas e dúas faccións por raza, todas con características especiais e unidades diferenciadas. Ademais o taboleiro é modular, polo que cambia cada partida. Creo que o desenrolo é guerra continua e agresiva. Reseña en español de Starcraft.

- La Guerra del Anillo: Retrata o enfrontamento na Terra Media mentres se tenta destruír ó anel. É para dous xogadores con regras para 4 (dous bos e dous malos). Dise que é moi bo para dous xogadores pero faise longo para catro, porque téñense que repartir as accións. Hai dados. Este téñoo un pouquiño relegado. Reseña en español de LgdA.

- Through the Ages: Xogo de cartas de longa duración baseado no xogo de ordenador de Sid Meier, Civilization. Ten o azar debido ás cartas, o que fai que haxa que adaptar a estratexia en cada partida. Polo que din, é unha obra mestra. Reseña en español de TtA.

- Twilight Imperium 3rd Edition: seguramente o xogo que sempre desexarei e que só me gustaría a min... estilo Master of Orion II para quen o coñeza.

Xogos máis complexos (wargames, non moi duros):

- Here I Stand: Xogo ambientado na Europa renacentista para un máximo de 6 xogadores, moi centrado na reforma relixiosa e as guerras entre protestantes e católicos. Destaca unha fase de diplomacia secreta ao principio de cada turno (puñaladas ao bestia). Cada facción (Otománs, Ingleses, Franceses...) ten uns poderes distintos (piratería, colonizar o novo mundo,...) e formas de vitoria propias. Reseña en español de HIS. Un extracto especialmente chamativo das regras é: “...Bonus Victory Points for Voyages of Exploration, Voyages of Conquest, winning wars, disgracing or burning enemy Debaters, controling Keys (Capitais) in Italy, completing bible traslations, and other special events.”

- Pax Romana: Xogo para 1-4 xogadores (Roma, Cartago, Grecia e “O Este”). Ten escenarios diferentes, uns máis rápidos que outros, así que non vos asustedes polos 600 minutos de duración que pon en BGG. Extraído dunha review: “3 hours for the standard simple game, 16 hours for the advanced full game. The game comes with a lot of different scenarios of various level of complexity”
Tal vez porque flipo un pouco e non son consciente, é dos que mellor pinta me ten. Levo días lendo as regras deste e do anterior e incluso parece máis sinxelo. Ademais, a temática da época romana resulta, para meu gusto, máis atractiva que a reforma relixiosa. Baséase en construír pobos e cidades e unidades militares (infantería lixeira, pesada, cabalería, elefantes e naves de guerra). A vitoria é por puntos. Mapa de xogo.

- Sword of Rome: Xogo de guerra ambientado no Imperio Romano, máis sinxelo que o anterior, para 2-4 xogadores e cunha expansión de 5 xogadores. Inclúe líderes para mover exércitos, asedios a cidades, esgotamento de minas... Reseña en español de SoR. Está esgotado.



Así que, agardo os vosos comentarios tras un estudo máis o u menos detido dos mesmos.

E xa sei que estou pobre, que non temos tempo, que somos incapaces de xogar un civilización, que hai vida máis alá do Catán e máis acá da Play3, que teño que mercar mobles e comida, que a vida é moi dura e hai que traballar máis e folgar menos... pero, que carallo, cando se me mete algo na cabeza... e agora tocoulle a isto.
.........................................Dun Paiaso Obsesivo-compulsivo.

1 comentario:

EL OBISPO dijo...

El paiaso quiere sin duda encontrar nuevos juegos que nosotros desconozcamos para así poder moldear sus reglas de la manera que más le plazca. A nadie engaña ya.
Aquí creo que no está, pero sonaba bien aquel de las tropas romanas, y las puñaladas, aquel del que hablaste un día en las pistas.