O futbol é así... e ao final, os nosos benqueridos futboleiros, membros do COE (representates olímpicos españois, que son futboleiros como acaban de demostrar) e a tan afamada e respetada SGAE (¿que carallo pintaba nesto?) quedaron sen letra para o himno... parece ser que ao final, cando a Seleción perda en cuartos, non poderá cantar eso de "viva ejpaña... pues ella te abraza...", terá que seguir tarareando ou musitando o himno da concordia: "Franco, Franco que tiene...".
A nova a podedes ver neste extracto da Voz de Galicia onde queda claro que a falta de acordo e as críticas motivaron a retirada da letra e, a maior desgraza de todo, que Plácido Domingo non poida cantala nova versión o próximo luns, millóns que se perden... ¡logo hai crise!
E eu pregúntome ¿como imos celebrar as vitorias do tenis, do balonmano, do ghuaterpolo, do atletismo, do judo, do baloncesto e de todos eses deportes* menos o futbol e, para ser xustos, o Carling, se non temos unha letra para cantar unidos con distinta voz? ¿serán vitorias tristes e insustanciais? ¿terá a culpa a prensa de dereitas, a tele de esquerdas ou a radio bipartita?**
E, por último, agora que se retirou a letra ¿será o momento de comezar a defendela a morte dende esta guarida da proxenie?
*tamén o automobilismo ;-)
**esto é como unha mención aos midiclorianos, ou sexa, buscar bulla porque sí.
P.D:¿terá a culpa o Papa e por iso deunos a espalda o outro día?**
2 comentarios:
Pues a mi me molaba la letra.
joer, a min o himno encantábame, xa o estaba a aprender para entonalo antes de cada partido internacional. Creo que deberíamos poñelo todos no móbil!
Publicar un comentario