jueves, 17 de enero de 2008

Biblioteca de Asalto: Crónicas de Ambar


Benqueridos amigos da proxenie, cos que nunca competiría nin discutiría, preséntovos, para os que non a coñezades, unha pequena recomendación do último libro que pasou polas miñas mans, “Crónicas de Ambar”.

Para comezar, “Crónicas de Ambar” é unha pentaloxía escrita por Roger Zelazny ao longo dos anos 70. Conta a historia dun reino chamado Ambar, que é o centro do universo, universo composto por unha infinidade de mundos similares chamados Sombras (planos para nós). A Casa Real de Ambar está composta por unha gran camada de herdeiros que conspiran polo trono.

Toda a historia está contada en primeira persoa por Corwin, un dos príncipes de Ambar. A información que vai obtendo sempre provén de fontes subxectivas, polo que nunca saberemos que cantidade de verdade hai no que se nos conta e canta intriga e mentira vai polo medio.

Pese a unha primeira mala impresión, onde parecía todo moi fácil, o libro cativoume e tívome enganchado durante a última semana como facía tempo que non me ocorría. A historia chea de sorpresas e continuas voltas de torcas, fixo que o devorase folla tras folla. Iso si, xa no último libro, un desenlace bastante metafísico e filosófico, deixoume un lixeiro sabor agridoce.

En definitiva, moi recomendado para todos os fans da literatura fantástica. Ademais, como curiosidade, Zelazny, gañador de 6 premios Hugo, viviu un tempo, cara o final da súa vida, con G. R. R. Martin, escritor de “Canción de Hielo y Fuego” da cal xa falamos con anterioridade (¡Deus o manteña vivo o suficiente para que remate!).

2 comentarios:

Planta en un tiesto dijo...

Mmm, tiene muy buena pinta. Tantas cosas que leer, y tan poco tiempo... aparte de series, comics, juegos de mesa, el blog, las clases, el trabajo diario, salir a veces... La verdad es que en el mundo en el que vivimos sobra ocio.

Que bella reflexión.

Edu dijo...

En su momento, que lo leí hace la tira, me había encantado, aunque de Zelazny me sigo quedando con Tu, el inmortal, clasicazo!