O Paiaso vaise dignar a falar de cine, e preguntaredes ¿por que? pois dígnase por indignación, indignación vida tras ir a ver Robin Hood, de Mister Scott.
Venres noite, tras unha longa semana marcada polo duro traballo, as novas de redución de salario, a folga do lixo e a visita dos "turboperegríns" reais. Todo indicaba que era o momento preciso para desconectar cunha película de acción e aventuras, épica, emocionante, impactante, todo aquilo que non poderiamos atopar en, por exemplo, Que se mueran los feos.
Pero non, menudo despropósito, os comentarios recentes na liña: "xa lle tocaba, que a de Kevin Costner envelleceu moi mal e é moi pasteleira" quedan, pola miña parte, retirados... horas despois penso que a de K.C. non está tan mal.
A peli é longa, xa o sabía, agardábao coma algo positivo, unha peli de acción de 2 horas e pico, mola! ...non mola, o único que me gustou foron os 20 minutos iniciais, mentres están en Francia. Tamén era consciente que non se centraba na historia típica do ladrón de Sherwood, que era anterior e tal, moi na liña moderna de reescribir as historias... pero hai que reescribilas ben!
Visualmente está ben, ou moi ben (se o comparamos con outros cines), inda que agardaba batallas máis épicas, parecéronme bastante cotrosas, incluíndo o Desembarco de Norm... digo Dover, que parece un Salvar al sodado Ryan pero en supercutre, con catro cabalos e uns poucos guerreiros. Ridículo. Igual que o resto de confrontacións armadas, curtas, faltas de emoción, rápidas e previsibles.
A historia... uf, a historia, collida polos pelos, retorta, pouco, moi pouco crible ¿que máis dicir? estou pensando en multitude de cousas, pero non as vou comentar para non spoilorearvos moito. Sen dúbida o peor de todo, estropea a peli e a fai incluso aburrida.
E Lady Marian, que guai, que moderna, unha muller que se vale por si mesma, parece Eowyn, é clavadiña a Eowyn, de feito, debe de ser Eowyn reencarnada (non, non me estou confundindo, digo Eowyn sen querer dicir Galadriel). Había que matala e poñer a unha muller da época, tímida, de alta alcurnia, acostumada a ser servida... en resumo, inútil. Quedaría moito mellor.
Por momentos pensei que era similar a El Reino de los Cielos, pero agora creo que é bastante peor, de feito, quedáronme ganas de ver outra vez a Orlando Bloom ensinándolle aos árabes como facer un muíño de vento, cousa que aprenderon os cruzados deles.
1 comentario:
1º- La verdad es que mi intuición me decía que esto olía truñoso
2º- Pero como ¿truño con russel crowe dando hostias y Ridley scott(que también tiene de todo, buenísmo, bueno, malo, malisimo y regular) y va a ser malo? no me lo creo...tendré que darle una oportunidad(pensaba yo)
3º- Odio a Robbin Hood.
4º- Odio las nuevas versiones de historias clásicas que nos ponen a Heroinas machotes.... a todos nos gustan los clichés y nos molan las mujeres en apuros (nos hacen sentir más hombre)
5º- Esta era el post que necesitaba para ahorrarme la pasta. Gracias payaso.
Publicar un comentario