lunes, 17 de mayo de 2010

Ceo e Inferno

Perdoade por nin tan sequera ler enteiros os vosos posts, pero o 24-X está aí.
Hoxe tiven un mal espertar. Erguínme, fun á cociña a facer un zume de laranxa e cando acendín a radio o primero que escoitei foi "morreu dun cáncro de estómago". Como non era a COPE precisamente o que estaba a escoitar, pensei inmediatamente que outra lenda deixara este mundo, e sen tempo para pensar quen fora (pois xusto o locutor deixou de falar nese momento) comezaron a soar uns acordes que todo o mundo coñece:



Colleume de sorpresa, descoñecía que xa levaba seis meses coa quimioterapia, e aínda que non era ningún rapaz, nin un familiar próximo, non puiden evitar derramar unhas bágoas mentres escoitaba Holy Diver. O cangrexo italo-americano Ronald James Padavona, máis coñecido como Ronnie James Dio xa non está con nós, pero deixou unha morea de obras mestras tras de si elaboradas nas factorías de Elf, Rainbow, Black Sabbath, Heaven & Hell e Dio. Levaríame moito tempo facer un post decente que lle fixera máis xustiza, pero sempre cabe a posibilidade de que algún membro da proxenie o complete se o estima oportuno, como diría Dio: "the ending is just the beginning".



Wendy Dio, a súa viúva, deixou estas palabras na web oficial:

"Today my heart is broken, Ronnie passed away at 7:45am 16th May. Many, many friends and family were able to say their private good-byes before he peacefully passed away. Ronnie knew how much he was loved by all. We so appreciate the love and support that you have all given us. Please give us a few days of privacy to deal with this terrible loss. Please know he loved you all and his music will live on forever."

Dende aquí, cos cornos ben en alto, só queda desexar que o "rythm of the darkness wakes the dead". Un dos meus temas favoritos, Throw Away The Children:


6 comentarios:

Paiaso de Asalto dijo...

The king is dead, long live the king

Descanse en paz

manubrio dijo...

entereime da morte a través do blog, en Londres non informan deste tipo de cousas, xa se sabe que o rocanrol é de vellos. Por min, perfecto.

Pois sí, qué pena, caíame ben Dio e ademáis me recorda a miña época de formación cultural heavy gracias a Xabier, que sempre se refería a él como Ronnie James Dio. Tíñame chapado o Diamonds, the best of Dio, que me grabara o Paiaso con cortes de son incluidos -ese interruptor vacilón- e me molaban moito The last in line e Rainbow in the dark. E outras moitas claro... Para min o mellor que fixo foi sen dúbida o heaven and hell, que ten temas dos menos coñecidos nos que se vai bastante do rollo tan oscuro ou tan fantasioso e me parecen a ostia -wishing well, walk away- e ten eses clásicos que tocamos en Cornucopia, die young e como non, heaven and hell.

Agora cada vez que sone o móvil do paiaso me dará algo de penita. LONG LIVE ROCK AND ROLL!!

PD: Tamén morreu fai un mes e pico o cantante e líder dun dos meus grupos favoritos durante moitos anos, Peter Steele de Type O negative. Mente purulenta seguro que os ten escoitado algunha vez comigo. Outra noticia triste sobre todo tendo en conta que o tio era moi novo, tiña corenta e pico. Él mesmo recoñecía que abusaba da farlopa pero que non podía con ela -temazo do world coming down, white slavery. Coke is it

Quen será o próximo? Coverdale, Iommi, Ozzy, Lemmy.... (bueno, Lemmy non creo que morra todavía).... algún dos Young -espero que non purulento.

Lonely is the wor(l)d!!!

Mente Purulenta dijo...

Pois non tiña nin idea do de Peter Steele (a verdade é que non sabía nin o seu nome). Teño o October Rust que mo pasara Matteo (o de "Irlanda") e os DVDs "After Dark" e "Symphony for the Devil".

¿Non era o tipo que levaba o baixo cunha cadea que pesaba máis que o baixo? Unha pena.

Eu tamén estiven a pensar cal sería o próximo en caer. Non sei se Jesulín segue tendo o tigre na casa...

;)

Planta dijo...

Por que o bispo ainda non interviu neste post? Imaxinomo vestido coma un SWAT, abrindo a porta do post, e empezando a repartir hostias a esgalla.

(Post redactado cumprindo escrupulosante a cuota bilingue)

EL OBISPO dijo...

el mejor desprecio es pasar del tema.

No obstante, pese a autoreconocerme como un miserable, meterse con los recién finados no es mi estilo.

Pero si con quienes lo idolatran. Pero joder, tiene que haber de todo en este mundo... gente que no se limpia, gente que oye música y se viste de uan determinada manera ¿por qué? ¿Por qué no hay fans de hanna montana que se vistan como los de Black Sabbatt? ¿por qué la música hace que unos descalifiquen a otros?

Oigo muchas veces que sería bonito un mundo sin guerras. Yo creo que sería bonito un mundo sin música.

EL OBISPO dijo...

Vaya...me acabo de dar cuenta que acabo de catalogar como música lo que hacía este hombre..... esto me recuerda cuando una vez, viendo a mi anciana abuela(breve descripción: señoriña de tropecientos años, pequeña, muy bajita, arrugada y con ropa de abuela) pensé si ella y Shaquille O´Neal eran de la misma especie, cosa que siempre he dudado.

Pues quien cataloge de música esto lo estará metiendo en el mismo saco a cualquier músico