viernes, 29 de noviembre de 2013

Piratas para todo



Lendo o interesante artigo do País sobre edificios dos arquitectos “top” e os seus problemas: ¿Por qué fallan los edificios-estrella?”, chamoume a atención o intrigante final onde insinúan unha curiosa historia.

Resulta que a piratería non se quedou na música, xogos, libros e aparatos electrónicos estilo pod, Iphone... Nin nas réplicas de dubidosa calidade de roupa de marca, bolsos, zapatillas, que, curiosamente, fabricarán os mesmos chinos en fábricas similares con materiais similares. En China, a nova Illa Tortuga, tamén piratean edificios. Si, E-D-I-F-I-O-S. E non edificios calquera, claro, senón grandes construcións arquitectónicas, dende vilas austriacas patrimonio da humanidade ata megaconstrucións como a nosa Cidade da Cultura (que a leven barata!). Na foto podedes ver a copia chinesa da vila austriaca:



Agora, o colmo deste proceso, en plena construción do Wanjing SOHO, un edificio da arquitecta británica-iraquí, gañadora do premio Pritzker, Zaha Hadid, descubriuse que noutra cidade China estase a construír, á vez e, inda por riba, máis rápido, outro complexo igual. Os piratas non so están a copiar o deseño, tamén anunciaron que van inaugurar o edificio antes que o Wanjing SOHO, o que desencadeou unha carreira na construción para ver quen é capaz de rematar antes.



E se os piratas o rematan antes? será o outro a copia ou chega coa concepción da idea? Isto lémbrame a Spaceballs, xa nos oitenta/noventa se sabía que para saber algo antes de tempo, podías mirar na versión pirata.

3 comentarios:

Planta china dijo...

Y cuando se extienda y se haga común la clonación humana, empezaremos a ver copias de actores de hollywood y de grandes científicos. Lo de china es demencial: un estado gigantesco que opera en ciertos niveles como el pirata más vulgar con el mayor menosprecio de la propiedad intelectual, pero que monta en cólera a la mínima transgresión de sus intereses en el comercio chino de la esquina de Ulan Bator de arriba. Chinese democracyyyyyyyyy!

Paiaso dijo...

Simplemente seguen o manual para ser unha Superpotencia. Se non se comportasen así, serían uns mequetrefes pichafrouxas. É o que ten estar cachas, se non vas montando bullas polas discos, de que che vale?

EL OBISPO dijo...

si no os gusta....iros a Rusia!!! Comunistas anticristianos.