lunes, 25 de marzo de 2013

Casas duras... moi duras!



Todos coñecemos ao xenial T. A. Edison, sen dúbida, se alguén vos di a verba “inventor” o seu nome virá á vosa mente. Famoso polo fonógrafo e a lámpada, tivo patentados 1084 inventos na central de patentes dos EEUU e foi, durante moito tempo, o inventor  co maior número de patentes. 


Agora mesmo ocupa o cuarto posto nesa clasificación, onde o campo da electrónica permite que xente, inda en activo, acumule máis de 4000 patentes (Kia Silverbrook, Australia) ou máis de 3000 (Shunpei Yamazaki, Xapón). 



Pero non todo foron éxitos. A boneca que falaba quedou demasiado adiantada á súa época e parecía a boneca diabólica. A guerra pola electricidade saldouse con vairas vacas electrocutadas en público e coa concesión para a central nas fervenzas do Niágara en mans de Tesla. Pero ista é outra grande historia...

Edison, ademais de inventor, foi un importante empresario, e cando soubo do “fabuloso” cemento Portland, creou unha das cementeiras máis importantes da época, a Edison Portland Cement Company. A compañía fíxose co contrato do NY Yankee Stadium no 1922, estadio que se mantivo en uso ate o 2008 e que foi demolido no 2010. 


Para fomentar o uso do seu marabilloso cemento, antes incluso da construción do Estadio dos Yankees, Edison ideou o que sería a revolución inmobiliaria, a CASA DE CEMENTO. Estaría construída completamente con formigón, con moldes reutilizables que farían que o custo das casas baixase cunha produción en serie, e creo incluso moldes de aceiro para o mobiliario do interior. Desexaba incluso crear moldes para un refrixerador, un sofá e, incluso, un fonógrafo (estaba gagá?). Chegáronse a construír 11, cun custo moi superior á media das vivendas do momento, e achegando a Edison á bancarrota.



A prensa non tardou en ridiculizalas e pasaron á historia coma un don maiores fracasos do enxeño humano.


3 comentarios:

EL OBISPO dijo...

Edison era un puto marica comparado con Tesla y su rayo de la muerte. Para saber más de Edison ver el episodio de los simpsons "Hommer inventor" o incluso consultar cualquier enciclopedia....¿os acordáis de las enciclopedias?

Paiaso dijo...

Si, si, El Rayo (eléctrico) de la Muerte... otro gran fiasco. Y las torres para sustentar aviones. Este Tesla también tuvo lo suyo...

Planta en un tiesto dijo...

Pobre Tesla... He leído algo sobre Edison y en todas las crónicas a las que les he echado la mano lo ponen de uno de los mayores hijos de puta de la época.