domingo, 25 de marzo de 2012

O Futuro é Wireless

Ou iso nos queren facer crer os chicos e chicas creadores de Witricity, directo dende o MIT (Massachusetts Institute of Tecnology). Pero, de que estou a falar? Witricity, de Wireless Electricity, é un sistema de transmisión de enerxía eléctrica sen cables, empregando campos magnéticos e o fenómeno de resonancia magnética.

Ordenadores e móbiles que se cargan nada máis entrar na casa, que nos esquecemos do cargador cando imos de viaxe? Non importa, no hotel teñen Witricity! Que no salón temos a tele, DVD, Bluray, Home Cinema, dúas videoconsolas, disco duro, varias lámpadas de ambiente, o teléfono fixo e o modem? 14 enchufes!!! Non hai problema, con Witricity non hai cables.

Os coches eléctricos? Xa non hai que cargalos, cun sistema de carga nas autoestradas as estacións de servizo xa son historia! Na Stanford University xa están a desenrolar un sistema para isto:




E tamén, a obtención de enerxía do Sol no espazo, libre de nubes e outras interferencias, transmitida despois ate a Central mediante ondas.

O problema nestes sistemas é o rendemento, a cantidade de enerxía que chega ao dispositivo final comparada coa enerxía que producimos. Igual que ocorre coas wifis, os cables son moito máis eficientes e fiables.


É unha idea nova? Non. Está baseado nos experimentos que xa a finais do século XIX fixo Nikola Tesla, que estaba obsesionado con buscar un sistema de transmisión da electricidade polo aire sen empregar cables, obtendo o éxito no ano 1891, e dando no coñecido na súa honra Efecto Tesla.



Dende Witricity aseguran que hoxe en día xa poden garantir un 50% de rendemento, e agardan melloralo no futuro. Intel quere comercializalo e xa asegura un 75% de rendemento.

No fogar funcionaría dende un emisor central ou cun emisor en cada estancia. Os nosos equipos deberían “sintonizar” a nosa frecuencia de emisión, en resonancia co campo creado, evitando que outros equipos con outras frecuencias se carguen (non ten pinta de ser moi seguro, a wifi tamén se piratea).

Pero, e a saúde, é saudable? Que consecuencias pode ter aumentar inda máis os campos enerxéticos que nos rodean?

PD: que carallo pasa co editor de entradas de Blogger? "hoxe" funciona coma o cu!


4 comentarios:

EL OBISPO dijo...

Esperemos que salga adelante y sea especialmente nocivo para la salud. Pero nocivo, nocivo. Nada de morirse de un cáncer con una agonía de meses o años, no. Morirse en días.

Necesitamos que la gente se muera, y que se muera rápido. Somos demasiados, viejos y dependientes.

Conclusión: no queremos cables, no queremos viejos...será la solución el wireless propuesto aquí?

3872 Entradas Olvidadas dijo...

joer, esta entrada é tan boa que quitou ao resto da páxina principal. Lol.

Paiaso de Asalto dijo...

Solved, no se por que pero había un código extraño de 2km en la entrada... tenía pinta de algo molesto y, espero, inocuo

Paiaso de Asalto dijo...

quise decir "sé"