BASSI
VS.
ROA
Parece ser que non toda a proxenie tíñase enterado da polémica da semana en Santiago, claro, antes da folga xeral, que agora a polémica é o megaéxito/fracasoabsoluto dos sindicatos.
O asunto ten por protagonistas ao noso Excelentísimo Alcalde, autoreconvertido en Cherif de Compostela, e ao coñecido e querido por uns, odiado por outros, paiaso Leo Bassi.
Pois ben, o señor Bassi, dentro dunha das moitas xiras que fai por España, tiña planificada unha actuación no Teatro Principal, da cal, estou seguro, casi ninguén tiña coñecemento. Ate aquí, todo normal. Uns días atrás, o Concello de Santiago cancela a actuación sen dar máis explicacións nos seguintes días. Uns catro días máis tarde, o Excelentísimo Señor Roa, ou Don Conde, nunha roda de prensa é preguntado polo asunto e di que había coincidencias de datas... pero, pénsao mellor, saca a placa de Cheriff, ronronea un "por que non o vou dicir" e sóltase:
"Leo Bassi me produce especial repugnancia"
"no hay interés en que la cultura de Santiago se vea relacionada con ese humor"
"no aporta nada"
Co cal, o noso afamado cherif conseguiu que case tooodo o mundo saiba que vai a actuar en Santiago, que Conde Roa non o quere, que Conde Roa tentou vetar a súa actuación e que, sen dúbida, vai a incluír algún referente no seu xou.
As respostas do señor Bassi:
"Le ha dado publicidad gratuita a mi gira gallega"
"Lo siento por la democracia en Galicia, pero en el fondo me alegro de lo que está pasando. El alcalde acaba de resucitar la batalla de David contra Goliat, la lucha del bufón contra el emperador. Sus declaraciones revelan lo patoso que es el poder: intenta aplastar al payaso y solo consigue hacerlo más fuerte. Tengo el correo electrónico colapsado por la solidaridad de la gente. Me ha convertido en el Leo Messi de la cultura. El bufón gana seis a cero"
"No hace ninguna falta, el alcalde se descalifica a sí mismo"
"Más allá de la publicidad gratuita que le han dado a mi gira gallega, las declaraciones de Conde Roa me preocupan porque quizá no sean tan anecdóticas como parecen"
e, ademais, descontos especiais: "7 euros para estudiantes, desempleados y afiliados al PP documentados"
Independentemente do que penses do señor Bassi, que che guste máis ou menos, incluso se o detestas, non creo que sexa nin intelixente nin plural a actuación de Don Conde. A día de hoxe xa ten local para o show e ten planificadas tres sesións, en contra da sesión única que tiña anunciada, vese que lle foi ben a promoción.
E, ademáis, a nova máis lamentable de todas, como calificala? corrupción política? españa castiza? xente desorientada?
Lede e tremede, todos vós que tedes un móbil 3X: dimisión por roubar un iphone.
...como non, ocorreu na Comunidade Valenciana...
1 comentario:
Máis de Leo Bassi sobre o caso:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ocioycultura/2012/03/31/me-censuran-mi-censuran-espectadores/0003_201203G31P41991.htm
Publicar un comentario