viernes, 3 de diciembre de 2010

Benqueridos amigos Piscis...

... e benquerida e detestable Proxenie,


A astroloxía, e, en particular o horóscopo asirio-babilónico e Ptolomeico, NON é unha ciencia. Pero SI é falso.

E, como tantas outras cousas baseadas nas crenzas e no “saber” popular, pseudociencias dogmáticas, é máis falso que a barca de pedra na que flotando chegou o corpo do Apóstolo. Polo tanto, a astroloxía e o coñecemento do zodíaco non debería pasar de ser considerado un coñecemento friki, unha curiosidade para sacar nunha cea… eu mesmo podo dicir á carreira os nomes dos ananos do Hobbit.




O coñecido horóscopo de aries, piscis, saxitario… baséase na posición de certas constelacións no momento do nacemento en función da eclíptica da Terra. Poderiamos facer aquí unha análise xeométrica do Sistema Solar e doutros astros para comprender exactamente como se definen os signos zodiacais. Pero, como é todo unha grande mentira, non imos perder o tempo, quen queira sabelo que busque en Diosgle.





Ben, é mentira porque baséase nas descricións de Ptolomeo, alá polo S.II a.C. e nas súas propias crenzas e nas supostas asignacións a cada constelación e planeta a diferentes deidades con diferentes características que se reflicten no comportamento das persoas. Por exemplo, Marte é o guerreiro, calquera que nacese baixo a influencia de Marte ía ser un bo guerreiro. Pero… un primeiro problema xurde cando pensamos que por aquela época só se coñecían 5 planetas do Sistema Solar. Que pasa, o resto non conta ou están mal as previsións iniciais? Nada cambiou dende aquela, séguense a discriminar o resto dos planetas.





Ademais, todo o universo está en movemento, o Sol viaxa polo espazo a unha velocidade enorme e nos dando voltas ao seu redor… umm? Nós ao seu redor? Todo isto naceu cando se pensaba que era ao revés, o sol xiraba ao noso redor… outro fallo? Isto non supuxo ningún cambio.

Tamén a inclinación da Terra varía, desfasando a coincidencia das distintas casas con respecto aos meses do ano. Agora un Leo non sería aquel que nacera en Agosto pero…. Tampouco houbo cambios.



E que pasa con Cetus e Ofiuco? Esas constelacións foron penetrando entre as 12 iniciais e, agora, habería que ampliar o horóscopo a 14 signos. Non, non se fixo.



Poderiamos preguntarnos: que forza é capaz de afectar ao noso futuro en función do noso nacemento? As únicas forzas coñecidas* son a gravidade, a electromagnética, a forza forte e a forza débil (the weak force), estas dúas últimas afectan a nivel nuclear, a unhas micras de distancia xa non son medibles. Quédannos a gravidade e a electromagnética. A gravidade aumenta co tamaño do obxecto e diminúe coa distancia…. ao cadrado. Gaña a distancia, por moi grande que sexan os corpos celestes, o que maior efecto pode ter sobre as persoas (o único) é a Lúa. Causa moita maior influencia as persoas que se atopen ao redor durante o parto, ou o lugar da Terra no que nos atopemos que o poder gravitacional de Saturno.



En canto á forza electromagnética, algúns planetas teñen campos magnéticos propios, pero tamén se atenúan coa distancia. A maior influencia electromagnética chéganos do Sol.



Ademais, que tipo de forza é capaz de afectar ás persoas só no momento do nacemento, non antes ou despois?

Por que os xemelgos non teñen todos o mesmo destino? Ou todos os Aries do mundo? Ten que haber aproximadamente 6.000.000.000/12, ou sexa, uns 500 millóns de persoas Aries. Todos teñen un día bo ou malo en función dos astros? Ah… si… a ascendencia… ben, 6.000.000.000/365 da algo máis de 16 millóns de persoas que deberían ter o mesmo tipo de día cada día. Por que as predicións do horóscopo son xerais? Para cando un “hoxe vaite dar traballo Amancio Ortega como xerente do Zara de Vigo”? etc…



O que pasa é… é que a xente… o que pasa…

[modo Obispo/ON]



O QUE PASA É QUE A XENTE É PARVA, PARVA DO CU
. Se vas ao médico, e este, dende a súa cadeira, sen erguer a vista dunha revista deportiva e sen coñecerte de nada, afirma: “vostede ten gangrena na perna, hai que amputar” calquera pediría probas, PROBAS, que o doutor explique como o sabe, en que se basea o seu coñecemento. Pero non, non co horóscopo, o horóscopo é un dogma de fe, “a min acértame o do Correo” (que, por certo, é distinto do de outros xornais, why?).

Dogma de fe? O que é: é pura charlatanería.



[modo Obispo/OFF]





*Podería comezar a adiantarme ás vosas contestacións, pero vou agardar a que o escribades.

9 comentarios:

Mente Purulenta dijo...

Isto confirma as miñas teorías...os Virgo sodes os máis escépticos do Zodíaco. A Astroloxía non é unha ciencia exacta, pode que non sexa nin unha ciencia, chámalle Xe, o que pasa é que foi perdendo credibilidade por mor dos Controladores Aéreos. Agora en serio, a Astronomía e a Astroloxía deberían de ter unha maior conexión interdisciplinar, aínda que moita xente pense que sería absurdo. O outro día lin na prensa que a NASA descubrira recentemente que hai prata na lúa. A noticia sorprendeume por ser noticia. ¡¿Como é posible que un astrónomo son saiba que hai prata na lúa e un astrólogo si?! O rexente do signo de cáncer é a lúa, e dende que teño memoria o metal asociado ao meu querido Cáncer sempre foi a prata (e agora preguntarás...e porque non o selenio???!!!). ¿Casualidade ou causalidade? A onde quero chegar é a que probablemente habería que profundizar moito máis no mundo da Astroloxia do que se está a facer, poñendo as novas ferramentas á súa disposición, afinando máis nos resultados e obtendo datos máis precisos. Coas ferramentas actuais é como pintar unha figuriña de barro cunha brocha gorda...se coincide que a queres pintar toda dunha cor pódeche ser bastante útil, pero senón...

Somos tropecentos millóns de habitantes no planeta, si. Soamente hai 12 signos a repartir, si. Pero tamén é certo que cada signo/persoa ten o seu propio ascendente (outros 12 "ao chou"), pero é que ademais hai outras once Casas (recordemos que o ascendente corresponde á Casa I, e é a casa máis importante das doce, pero a suma de todas elas coas súas distintas combinacións non é menos importante).

As prediccións que atopamos nos xornais son unha carallada. Poden acertar algo, si. Como podería ascender este ano o Celta a primeira. Pero son prediccións demasiado xerais porque non se pode facer unha predicción fiable para toda a población, é imposible. O que hai que facer é unha carta astral, e a partir de aí pódese discutir se as prediccións son válidas ou non.
Outros datos importantes que forman parte da carta astral ademáis da data de nacemento son o lugar e a hora. Polo tanto, somos tropecentos millóns no planeta, pero non todos vivimos no mesmo punto, e non todos nacemos á mesma hora (é importante saber a hora EXACTA de nacemento).

CARTA ASTRAL GRATIS
Recoméndovos dúas páxinas:
http://grupovenus.com/info.asp
(esta sirve para ver prediccións diariamente)
http://www.losarcanos.com/
(nesta pódese obter unha carta astral moito máis completa e detallada).

Pode que todo esto sea unha gran mentira, pero entón, ¿como é posible que o outro día sen coñecer prácticamente de nada ao Lawyer e á Enriqueta acertase os seus respectivos signos? Puro grelo!

A ver...mellor dito...haber...incluso facendo a carta astral non se pode afirmar que as prediccións son 100% fiables, as estrelas indican o camiño, pero nos decidimos que camiño queremos seguir, como os Reis Magos.

Por certo, Beyoncé é Virgo e ten unha canción que fala do seu signo. Michael Jackson era Virgo e matárano por non crer na Astroloxía. ¿Por que o símbolo de Queen ten unha fada (Virgo) dous leóns e un cangrexo (e que todos eles se converten en cinzas e resucitan como o ave Fénix? Habería que preguntarlle a Brian May (o cangrexo), doutor en Astronomía...e un friki máis da Astroloxía.

Jesús dijo...

La mayoria de nuestras creencias, incluos cientificas, son falsas. Una mas no tiene importancia.

Paiaso de Asalto dijo...

Estimado pus supurante...
bla, bla, bla, bla... carta astral... bla, bla, bla

ah? é certo, a carta astral... perdón, a Carta Astral, o momento exacto do nacemento e a posición dos planetas, pero... que planetas exactamente? Por que eses e non outros? como inflúen?

E ben, constestando ao concello de aeroporto, tal vez as teorías científicas sexan non exactas, pero coño! funcionan bastante ben! para inventarnos cousas como núcleo atómico, os raios laseres, o magnetismo, etc, etc... joder, estamos escribindo nun cacharro extrano que funciona con algo chamado electricidade, que se comunica por cordas ou polo aire sen facer ruidos e fai debuxos de cores a unha velocidade extrema... serán as fadas, que habelas hainas.

la gente es idiota dijo...

Juro ante el base suplente del obra(que me mola de manera no sexual pero si como jugador) que entiendo más a aquellos que creen en Dios que los que creen en el horóscopo. No me cabe en la cabeza que haya gente, mucha gente, que te diga aquello de "Yo no creo en el horoscopo del hola y el periodico, yo creo en el horóscopo de verdad"

Mucha gente.

COnclusión. Este blog lleva abierto casi 3 años y la única verdad cierta es que la gente es estúpida, mala, mema, y sólo cuando hablamos de personas, y aun así, casi nunca, podemos aplicar algún adjetivo positivo.

Mister Brain Wash dijo...

Sí, estoy de acuerdo, la religión es una ciencia exacta. Lo que más me gusta de ella es que cualquier fórmula es válida para alcanzar la verdad divina...pederastia, zoofilia, corrupción, asesinato, lapidación, ablación, viajes papales subvencionados por no creyentes...de hecho ser religioso practicante es más sano que jugar a adivinar signos del horóscopo, o leer predicciones chorras porque la astrología te lava el cerebro y la religión no.

EL OBISPO dijo...

Y el premio a la demagogia barata y charlatanería pura es para Mr Brain.
Un discurso que bien podría encuadrarse en las páginas de envuelvepescadopodrido del diario Público.

Planta en un tiesto dijo...

En cierto sentido Mister Brainwash tiene bastante razón: tanto la religión como el zodíaco no son más que instrumentos por los cuales llegar a un conocimiento seguro. Las cosas son así porque están refrendadas por una entidad divina. La gente es así porque nació bajo unos determinados astros. Los dos son no comprobables, son actos de fe.

Al menos en nombre del zodíaco no estallan guerras ni muere gente.

EL OBISPO dijo...

Y con la última frase será la planta quien se lleve el oro.

O Malvado Paiaso de Asalto dijo...

Nun destes estudios que a miudo aparecen polas novas dos informativos, aseguran que a ESTACIÓN de nacemento inflúe no comportamento e na adaptabilidade da persoa, xa que as horas de luz das primeiras SEMANAS de vida afectan ao organismo. Isto indicaría tamén unha influencia sobre o individuo segundo a súa procedencia, porque en distintas latitudes teremos distintas exposicións e duracións diurnas.

Este estudio foi realizado en ratos, nun número e cunha profundidade que descoñezo, co cal non sei se é cuestinable ou non, pero ten moita maior base que a influencia dalgúns planetas que XA non están onde terían que estar para influír igual que anos atrás.