jueves, 21 de agosto de 2008

A caída dun Imperio

Pois si, queridos compañeiros da proxenie, tras varios anos, creo que 5, dominando a lista das listas, o Rancor máis universal dos xogos de mesa, a clasificación de BoardGameGeek, BGG para os amiguiños frikis, o inamovible Puerto Rico caeu.
.
A principio desta semana, miña sorpresa foi enorme ao comprobar que un xogo bastante recente, Agricola, un megaHype deste último ano, superaba ao ata agora incuestionable Puerto Rico. Os seguidores máis virtuosos de puros contraatacaron, e onte o Puerto Rico xa era de novo líder indiscutible na lista, pero... non se pode loitar contra o poder do lado escuro do Hype... ao igual que Batman Dark Knight ascendeu imparable, Agricola retornou ao prezado posto número 1.
.

.
¿Que dicir de Agricola? Pois é un xogo onde hai que traballar e mellorar unha granxa para ó final ser o que máis puntos acada. A temática ten bastantes similitudes co PR, hai que producir e construír melloras. A dinámica é distinta e destaca o emprego de cartas, que poden facer cada partida distinta, o cal é un dos puntos positivos do xogo, pero tamén introducen un factor azaroso elevado, o cal é unha das críticas máis frecuentes, así como a pouca flexibilidade de estratexias á hora de xogar.
.

(Agricola)
.
¿Que dicir do Ranking de BGG? Resulta unha boa guía, sobretodo cando os xogos teñen moitos votos, ademais, pódense ver fotos e descripcións de cada xogo, comentarios e descarga de material adicional. Inda así, a clasificación é bastante criticada, pois moitos usuarios votan logo dunha ou dúas partidas, non sendo un voto baseado na experiencia e si nas impresións iniciais. Por outra parte, case todolos xogos son Eurogames, con algunha que outra xoia que se cola entre eles. Esto é debido ao maior rango de aficionados que ten este tipo de xogos, de mecánicas sinxelas, partidas equilibradas e non moi longas. Tamén fan un ranking dos wargames, onde podedes comparar o número de votos de cada xogo cos do ranking xeral.
-
Por último, podedes ver novas imaxes e algún análise do Battlestar Galactica. Non vos fiedes da alta puntuación, sempre ocorre cos xogos novos, os creadores e amigos débense pasar un finde votando.
-
PD: O Caylus fixo algo similar, chegou ao posto número 2, pero para alegría da Planta xa caeu ata o posto número 7.

1 comentario:

Anónimo dijo...

psssss! Jugar a un juego de recoger brecoles y plantar tomate.... psss. QUe se juega con pin y pon?
Una mariconada