Cada xogador representa unha civilización galáctica, máis non temades, non ten maiores similitudes co Twilight Imperium, ¡non teredes que estudar para xogar! E como lider desa civilización deberá decidir se desexa explorar en busca de novos planetas, comprar melloras científicas, colonizar planetas, consumir bens ou producilos. Ao igual que no PR haberá que elixir unha destas cinco opcións ao principio do turno, pero faise en segredo, simultaneamente, e varios xogadores poden elixir a mesma opción. Logo, xóganse unicamente as fases que foron seleccionadas.

Ademais, a maioría das cartas non teñen texto, simplemente uns simboliños explicativos, que ao principio poden ser algo engorrosos, pero haberá que acostumarse.
A culpa da adquisición a comparten os veciños que poñen wifi sen protección ¿a quen se lle ocorre? a Medusa e o Obispo, por falar tanto do Catán que un servidor tivo que conectarse a ver os prezos onlain, e o mal tempo, húmido e frío, que fai que se busquen alternativas de ocio durante a semana.
As regras, en español (texto), e en inglés (maquetadas).



