sábado, 19 de septiembre de 2020

Demasiado Hype matou ao hobby, praceres culpables e unha caída libre

Empecemos polo Hype... ultimamente vexo hype en tódolos sectores de ocio, e kilos e kilos de oferta, con comentarios como "imprescindible", "inmellorable", "non a podes perder", etc... 

Comencei a sufrilo nos xogos de mesa. Dende fai uns anos os lanzamentos son innumerables, xogo tras xogo, tódalas temáticas posibles, dende guiar mariposas, ver paxaros e cociñar sushi  ata conquistar lonxanos mundos, pasando polos típicos de construír pirámides, cidades, castelos, reinos... 

Comentario que non podes atreverte a negar é "os xogos de mesa melloraron moitísimo nos últimos anos, agora os deseños son moito máis puros, moito mellores que os xogos do 2000 ou 2010".  

NON O SOPORTO. E máis cando as mesmas persoas logo elixen a reedición do Brass como mellor xogo do ano, ou póñense a babear pola versión deluxe do 7 wonders.

Pero esta estratexia comercial (non dubido que é isto), tamén a vexo nas series. "As series son moito mellores agora", sónavos? hai 74593731 series novas, todo o mundo recoméndache series, series, series... é imposible velas todas, é máis, é imposible lembrarse de todas as que che recomendan.  E supoño que no cine, na música e nos videoxogos pasa o mesmo, pero estou tan desconectado que non o sufro.



Isto está xerando o efecto contrario en min, cóllolle manía á metade dos xogos que van por ese camiño, sen sequera probalos (por exemplo, odio o Wingspan, é un feito, non creo que poida disfrutar xogándoo). Outros os probo e, bahh, son máis bonitos, pero de verdade creo que teñen a mesma calidade que o Puerto Rico. O único bo é que entre os miles de xogos, sempre hai un que se adapta a ti moito mellor, pero para atopalo hai que sumerxirse no lodo.



Pois coas series pásame igual. Coa falta de tempo dame pereza ver algunhas que sei teñen 5, 6 tempadas. Con Netflix, cando non sabes que ver, empezas a moverte polo catálogo e, en lugar de empezar unha, a metade das veces cánsome de buscar a "serie perfecta" e non vexo nada.



Fai pouco ía ver Dark, antes de que a recomendación chegase da xentuza que frecuenta estas terras e as de Yo Odio. xa vira algunha crítica positiva e, cada vez que abría Netflix, aí estaba, chamándome. 

...ía ver Dark... 
...abrín Netflix....
...e o primeiro que apareceu nas recomendacións foi Umbrella Academy. Chamoume e dinlle. Falando de viaxes no tempo, disfruteina coma un anano, sorprendido polas montaxes musicais e a pouca seriedade coa que se trata a si mesma. Recoñezo que non é unha obra mestra, pero vinna cun verdadeiro pracer culpable, como quen disfruta vendo unha peli de terremotos ou formigas asasinas nunha tarde de domingo. Veredicto. Gustoume moito.




Terminei The Umbrella Academy e, coas boas referencias da Planta, da Mente Purulenta e posteriormente do Obispo, lanceime a ver Dark.


Os primeiros capítulos parecéronme boísimos, cun ambiente que roza o terror, e unha música inquedante que aumentaba a tensión ambiental. Esa sensación foise diluíndo a medida que se descubría a historia e aparecían novas personaxes. Pero a serie seguía estando moi ben. Sentíndoo moito, a serie empeza a complicarse,  a darlle voltas ao argumento, a entrelazar todo e a todos, e, en lugar de resultar unha sensación de "que listos!", a sensación é de "todo vale". Non me gusta. Estou á metade da terceira tempada e vai en caída libre. Cada vez apetéceme menos vela, quero terminala, pero estame a costar. Onte vin o primeiro de Lovecraft Country e gustoume moito, prefiro ver o segundo que o S3E6 de Dark, mala sinal. Para min, Dark vai en caída libre:











4 comentarios:

EL OBISPO dijo...

Totalmente de acuerdo. Hace un par de semanas coincidi con la planta y le dije exactamente lo mismo. Dark mola mucho en su 1t y en la 2 sigue funcionando como un reloj. La 3 es el salto mortal con tirabuzón... Y me cansa y no me funciona. Me aburre. Ha perdido la frescura. Ha pasado de ser genial a : todo es posible.

Me quedé en el 3x3 .... Las otras dos temporadas me las vi en una semana y hace 3 semanas que no veo ningún capitulo😥



Umbrella academy??? Mola mil. Lejos de pretender ser La serie, es desenfadada, contra y cuanto menos se toma en serio más mola. N5 es top!!!!



Lovecraft.... Aun esperando....

Larga vida a Iker!

Paiaso de Asalto dijo...

Alégrome de que coincidamos. Pensei que estaba a vivir un novo caso Star Trek.
Sobre Dark, xa a 2a tempada non era tan boa como o principio... Ou máis ben, imho, a historia non aguantou a gran ambientación e narración do principio da 1a tempada, que me parece soberbio.

EL OBISPO dijo...

Yo la segunda si que la veo buena. Me gusta mucho la historia del poli y todo me parece redondo.


Eso si, debo enfatizar mi hastío con el tema sexual y su insistencia en plantarnos esas escenas con una clara intención de desinfantilizar. Eso es lo q define algo adulto? Tenemos q dejar claro q somos guays? Q esto no es una mierda de Disney porque se ve fornicio? Como en juego de tronos al principio, parecía casi una marca propia de la serie. En serio, Lon detesto y en el fondo lo hago pq denoto q tras eso hay un aire de superioridad q me pone malo

Paiaso dijo...

Nin sequera hai tantos desnudos, creo que é unha percepción túa. Tal vez no primeiro capítulo da tempada, pero logo desaparecen. Levo 7, estame costando enormemente rematala.