Empecemos polo Hype... ultimamente vexo hype en tódolos sectores de ocio, e kilos e kilos de oferta, con comentarios como "imprescindible", "inmellorable", "non a podes perder", etc...
Comencei a sufrilo nos xogos de mesa. Dende fai uns anos os lanzamentos son innumerables, xogo tras xogo, tódalas temáticas posibles, dende guiar mariposas, ver paxaros e cociñar sushi ata conquistar lonxanos mundos, pasando polos típicos de construír pirámides, cidades, castelos, reinos...
Comentario que non podes atreverte a negar é "os xogos de mesa melloraron moitísimo nos últimos anos, agora os deseños son moito máis puros, moito mellores que os xogos do 2000 ou 2010".
NON O SOPORTO. E máis cando as mesmas persoas logo elixen a reedición do Brass como mellor xogo do ano, ou póñense a babear pola versión deluxe do 7 wonders.
Pero esta estratexia comercial (non dubido que é isto), tamén a vexo nas series. "As series son moito mellores agora", sónavos? hai 74593731 series novas, todo o mundo recoméndache series, series, series... é imposible velas todas, é máis, é imposible lembrarse de todas as que che recomendan. E supoño que no cine, na música e nos videoxogos pasa o mesmo, pero estou tan desconectado que non o sufro.
Os primeiros capítulos parecéronme boísimos, cun ambiente que roza o terror, e unha música inquedante que aumentaba a tensión ambiental. Esa sensación foise diluíndo a medida que se descubría a historia e aparecían novas personaxes. Pero a serie seguía estando moi ben. Sentíndoo moito, a serie empeza a complicarse, a darlle voltas ao argumento, a entrelazar todo e a todos, e, en lugar de resultar unha sensación de "que listos!", a sensación é de "todo vale". Non me gusta. Estou á metade da terceira tempada e vai en caída libre. Cada vez apetéceme menos vela, quero terminala, pero estame a costar. Onte vin o primeiro de Lovecraft Country e gustoume moito, prefiro ver o segundo que o S3E6 de Dark, mala sinal. Para min, Dark vai en caída libre: