viernes, 6 de mayo de 2011

Cultura e entretemento en familia


Meus programas favoritos da televisión son eses que se poden ver en familia, programas cheos de coñecemento a par que interesantes, divertidos, emocionantes. Quen non ten vibrado ansioso mentres Carlos Sobera ergue a sua cexa e pregunta "marcamos la A.... a la una..... ¿seguro? .... a las dos...". O que máis me gusta destes shous televisivos é a gran educación e saber estar de todo o mundo, a anos luz da bazofia catódica de Teta5, onde B.S. e compañía adícanse a insultarse cunha linguaxe propia dos suburbios máis obscuros do sur de España, linguaxe que fai sangrar os meus delicados ouvidos e chorar ao Neno Xesús.


Por iso prefiro os documentais de La2 (os antergos, agora hai moito sexo entre bichos) e os concursos baseados na cultura e coñecemento como QQSM, iste é un claro exemplo:



3 comentarios:

Mente Purulenta dijo...

¿Quen é B.S.? ¿Belén Steban? En serio, non sei a quen te refires.

PaiasodeAsalto dijo...

Pois si, é Belen Stevan, ja!

Mente Purulenta dijo...

Vogal!