viernes, 29 de abril de 2011

A Game of Thrones... ¡Vista!

As primeiras impresións que saco, tras ver os dous primeiros capítulos de Xogo de Tronos, son, en primeiro lugar, unha reproducción fiel do libro de G.R.R Martin, sen poder profundizar moito nas personaxes (que son moitas e complexas) pero levando á pantalla diálogos idénticos e todos os feitos relevantes, así coma o alto contido en sexo e linguaxe obsceno, algo criticado en internet pero que reflexa o propio libro.

Por outra parte, a calidade parece a que se agardaba dunha superprodución de HBO, cadea que varios dos Detestables alabaron xa tempo atrás.

Vou facer unha mención especial aos créditos de inicio... impresionantes! o mapa enteiro, cos nomes ingleses, claro (xa non é Invernalia, é Winterfell; non é Desembarco del Rey, é King´s Landing; Roca Casterly é CastelyRock...):




Sen dúbida hai cousas mellorables ou que, por desgracia, teñen que ser así. Unha delas é o pouco que se coñecen a día de hoxe as personaxes, a historia pasada, as motivacións de cada familia e como chegou a ser Rey Robert, os Targaryen. Todo isto disfrútase máis se tes lidos os libros inda que o Moco afirma estar "tan entusiasmada que vou ler o libro en dous días" [palabras NON textuais, pero hai que saber ler entre liñas, ou?]

O que menos me gustou no primeiro episodio foron as escenas en Pentos, no continente do Este, onde os dous irmáns Targaryen tentan aliarse cos Dothrakis... pareceume un pouco estilo "Xena", pero recoñezo que no segundo capítulo xa me deron mellores impresións.

jueves, 7 de abril de 2011


17 de Abril

EDIT DE LA PLANTA: