Nun dos nosos apaixonados coloquios nocturnos, xurdiu o caso da plataforma petrolífera incendiada no Golfo de México e de como apagala. Teorías do máis fantasioso xurdiron, dende a simple “pechar a chave” ata a “cúpula xigante preparada para estes casos, que a cubra e se esgote o osíxeno”.
Debemos manter en mente o proceso de extracción do cru. O cru atópase en bolsas creadas nas rochas profundas e sobre un leito de rocha impermeable. Xunto co cru pode atoparse gas natural asociado. Todo o conxunto atópase a unha grande presión, así que, como seguro que todos vistes nalgunha película, cando a perforación chega á bolsa, o petróleo (e o gas) sube e brota á superficie a chorro. Nese momento péchase a válvula e procédese á extracción controlada. Cando a presión non é suficiente para que o cru siga fluíndo, procédese a inxectar no pozo auga ou, se é o caso, o gas natural, que en moitas ocasións non se aproveita, incluso quéimase ao saír.
Prometín investigar, e investigar foi o que fixen (calquera cousa menos estudar, claro). Resultaba obvio xa no acalorado debate que non se podía pechar a chave de paso a man, había unha fuga e estaba ardendo, nin te podes achegar nin funciona a válvula, e o da cúpula… ben, pensar no grande que tería que ser e no xeito de transportala xa lle quita toda viabilidade.
Falábase de afundir a plataforma… pois, de feito, foi o que ocorreu, afundiu tras debilitarse a estrutura e apagouse, agora toca lidar co vertido de petróleo ao mar.
Pero, imos ao asunto ¿Como se apagan habitualmente? Depende do tamaño e da situación. As fugas pequenas poden conterse nunhas horas, mentres que as máis graves poden durar meses, tal foi o caso da coñecida como “O Acendedor do Diaño” (The Devil´s Cigarette Lighter).
Aconteceu a finais do ano 1961 nun pozo do Sahara. Unha fuga de gas que prendeu, crese que debido á electricidade estática, provocou unha chama que se erguía ata os 137 metros de altura, ondulando co vento, e que incluso, o astronauta da NASA, John Glenn visualizouno dende o espazo en plena carreira espacial. O chorro de gas fluía a unha velocidade maior que a do son, a través dun cano de 33 cm de diámetro.
Decidiuse apagar empregando unha voadura de dinamita, para eliminar o osíxeno de golpe e extinguir as chamas (tal e como ocorre cando sopramos unha vela). Ata Abril do 62, 6 meses despois, non se conseguiu preparar todo a infraestrutura precisa. Logo da voadura, precisouse unha prancha de aceiro de 8 toneladas e 3 metros de altura para deter o gas que seguía a fluír sen control, mentres se vertía auga continuamente para evitar que volvese prender lume.
Deste caso incluso fíxose unha película, con John Wayne como protagonista, pero eu, Waynefobo acérrimo, teño que recoñecer que non vin.
Así que xa sabedes, dinamita e máis auga, algo que nunca pode fallar, sexa cal sexa o teu problema…
…bueno, se te masturbas 12 veces ao día tal vez esa non sexa a solución…
3 comentarios:
Lo mejor de todo es pensar "Que cierren la llave" que funcionara y que nadie se hubiera dado cuenta.
Yo estoy practicamente seguro de que estas plataformas tienen un botón que pone "presiona aquí y dejará de arder". Yo lo he visto: es grande y rojo y tiene un cartel enorme que no lleva a equivocos. Pero hay un problema, justo al lado hay otro, no se sabe porque, que dice "No presiones este botón bajo ninguna circunstancia o a parte de fuego, la plataforma explotará"
interesante post. Joder, parece de una revista seria sobre ciencia. Hasta un manubrio primario como yo puede entender el problema.
<por cierto,la peli de John Wayne es BUENÍSIMA... bueno, es divertida cuando menos. Y además tiene una peculiaridad de la que seguramente sea la única persona del mundo que se haya dado cuenta: esa película es una fuente de inspiración clarísima para Armagedon. Sip, desde la trama, que dentro de una estructura es similar, hasta en la ropa que llevan.
Publicar un comentario