lunes, 19 de octubre de 2009

Cruzando o deserto

Levamos xa tres xornadas de ACB, e o noso benquerido Obra pasou por tres situacións distintas, sen sacar proveito de ningunha. Agora tócanos unha longa travesía polo deserto, e o clima ven tórrido, cruel, sen piedade.

O equipo comezou co Barcelona na casa, unha festa, un partido onde quedou claro que non había nada que facer salvo disfrutar do mesmo. O equipo estivo máis ou menos fresco fronte a forte defensa blaugrana e con certo acerto ofensivo.

Poucos días despois, e entre semana, o equipo dirixiuse cara Valladolid, onde se enfrentou ao Blancos de Rueda, equipo recén ascendido e rival directo do Obra para os postos de descenso. A Telegaita non despregou ningún medio e non foi posible velo televisado, pero alí estivo Radio Obradoiro, que narrou o partido completo. Resultado 75-64. O partido do Obra non foi bo, deixou moito que desexar na defensa e daba imaxe de frialdade, salvouse Vasileiades que anotou con certa fluidez, Pasalic entrando dende o banco, e, como non, Marc Jackson, sempre cumpridor, que rematou conn 11 puntos e 11 rebotes. Pero a defensa fallaba, e, pese a certos momentos de inspiración ofensiva, unha e outra vez os triples de Brian Chase dende a esquina mataban calquera intento de facerse co control do partido. A difernza chegou aos 20 puntos, pero un apretón final igualou algo as cousas.

E onte, domingo, chegou o Granada a Sar. O Granada viña de gañar ao Alicante de 30, cun gran Pablo Aguilar, e cun equipo cumpridor e compensado. Pero o Granada é da liga do Obra, igual que o Valladolid, e na casa non se podía perdoar a primeira victoria.
Comezamos nervosos, fallando tiros debaixo da canasta e cunha mala nova, Terry dúas faltas e ao banquiño sen aportar nada. Veño días dicindo que a clave do equipo vai ser Terry e non os bases. Se Terry aporta, os aleiros terán máis espazos e Jackson poderá xogar de cu, sen axudas. Ademais Terry ten un xogo moi polivalente, que pode desequilibrar aos contrarios tirando triples, penetrando, xogando cerca do aro... pero Terry ten pouca constancia, viña con esa fama e o está a demostrar.

E para momentos difíciles está Marc Jackson, o líder, a fichaxe estrela (menos mal que Akindele veu lesionado). E Jackson apareceu e mantivo ao equipo durante a primeira parte. Tamén apareceu Stanic, metendo triples e penetrando, un paso adiante para acalar parte das críticas. Pero o maior problema estaba atrás, en defensa. 25 puntos encaixados no primeiro cuarto, 50 no descanso. Imposible gañar así. Ingles nolas metía de tódolos xeitos, Aguilar tamén, e logo Hunter sumaba faltas e tiros libres, Hendrix aproveitaba todo balón que lle doblaban... Imposible gañar así.

O Granada fíxose cunha cómoda vantaxe de 10-12 puntos e parecía que todo ía rematar así. Pero a xente comezou a apretar, e apretou moito, o equipo comezou a defender e o Granada evidenciou os problemas que antes parecía non ter. Terry cambiou o chip, escoitou o bullicio, meteu a primeira e, asumindo o rol de lider anotador, americano típico de equipo malo, colleu para si todas as posesións e pasou de 0 a 20 puntos en 8 minutos. Remontamos. Cruel destino que puxo a Alfonso Sánchez con dous tiros libres a 2 segundos para o final, meteu o primeiro, todo era posible, íamos gañar, non o podiamos ter máis sinxelo... fallou o segundo, resultado, prórroga, na prórroga saiu cruz e o Granada vaise de volta con 2 victorias, e nós afundímonos con cero.

O Futuro:

Comezaba falando da dura travesía polo deserto que nos agarda... pois si, miremos o calendario: esta semana o equipo viaxa a Vitoria, onde é imposible gañar... se non que baixen os Lakers dos 80 e demostren o contrario. Logo ven o Fuenlabrada, equipo nunha gran racha e cun equipo bastante forte. Dúas semanas despois virá o Unicaja, despois o Valencia, Madrid, DKV, ... ¿Os partidos fáciles? todos fora da casa.

Ou moito me equivoco, ou ao final da primeira volta, xusto antes de ir de visita turística ao Palau para enfrontarnos de novo ao Barca, o equipo estará afundido na clasificación a varias victorias do resto. Ahí vai comezar a nosa liga, a partir de ahí teremos que facer que Sar sexa un fortín, teremos que conseguir que os equipos sufran como sufriu o Granada no último cuarto. Nese momento comezarán a vir por Santiago os equipos, que con certa comodidade pero co medo no corpo, aos que temos que gañar e afundir, virá o Valladolid, o Manresa, o Alicante, o Murcia, o Lagún Aro, e algún outro que poidamos amarrar.

O equipo ten que mellorar e superar o palo sicolóxico de ir mal e con poucas ou nengunha victoria. Ten que traballar para ser agresivo na defensa, ten que traballar para que Terry sexa o referente anotador, Jackson poña os galóns; traballar para que Djedovic, Vasileiadis e Bulfoni poñan a clase e os puntos exteriores. Vai ser moi difícil, pois estar afundido acaba por crear un ánimo de complacencia, de "outra derrota máis, que máis da".

O positivo:

De verdade, o ambiente do último cuarto de onte foi IMPRESIONANTE, e quedou demostrado que pode ser un factor. ¡A ver eses bombos apocalípticos! que vou quedar afónico.

Vasileiadis é moi bo, Marc Jackson é moi bo, Terry é un ¡jugóoon! Stanic pode aportar, Pasalic tamén.

O negativo:

Vai ser moi difícil gañar fora.

A defensa foi unha coladera tremenda, moito hai que traballar ahí.

Bulfoni, Djedovic, onde están???

4 comentarios:

pantumaca dijo...

É difícil arrincar dende cero. Tendo en conta o tempo que levan entrenando xuntos supoño que necesitarán tempo para ir ''arrexuntándose''. En fin, cando menos hai baloncesto do bó en Compostela.
Xa os irei ver na segunda volta cando veñan a xogar contra o Barça.

EL OBISPO dijo...

Dedovic tiene planta de debil mental, yo no contaría con su aportación para nada.
Bulfoni aparecerá en los momentos jodidos, que como bien dices serán más adelante.

El equipo tiene que mantenerse fuerte y sólido, no debe hundirse moralmente tras las derrotas, esa será la clave. Pero 9 de cada 10 equipos se hunden, la directiva pierde la paciencia y empiezan los cambios(por suerte no van a tener pasta para hacer cambios,lol)

Para ver los partidos(si yo estuviera ahí no contaría con que la puta telegaita me pusiera nada-prefieren poner un grna premio de formula 1 de 1993- los vería por internet(lo digo porque aquí no tengo internet que si lo tuviera también lo vería)
Hay una página de ¿orange? que pone todos los partidos de la ACB,lo anuncian con el partido del sábado.

Anónimo dijo...

hoy leí un entrevista con Alfonso Sánchez en la que decía que espera tener otra vez la oportunidad de ganar un partido con dos tiros libres finales... qué miedo. Creo que Terry tiró demasiado el otro día, pero el equipo en general le echa huevos y yo soy bastante optimista de cara al futuro. Creo que mantienen la moral intacta por las entrevistas que he leído, con el rollo de que el equipo acaba de formarse siempre culpan a este hecho para justificar las derrotas. Me parece bien. Con esos bombos bien llamados apocalípticos llegarán las victorias, estoy seguro.... y serán aporreados con especial intensidad el día que venga el obispo, se va a cagar!!

EL OBISPO dijo...

ALfonso sanchez espera tener la oportunidad de ganar otro partido...excelente! su leyenda se irá forjando con la mediocridad de su talento.


En cuanto a las declaraciones...excelente también. ¿qué iban a decir? "bufff! esto está jodido! me parece que no vamos a ganar un partido hasta febrero y entonces...ya veremos!"(y ojo, porque esa podría ser una declaración bastante realista)

POr otro lado, después de lo dicho es posible que este fin de semana ganen en Victoria con 30 puntos de alfonso sanchez