lunes, 7 de abril de 2008

TI3 Guías: The Barony of Letnev

...No máis escuro e profundo do espazo atópase Arc Prime, un planeta frío e duro que carece de estrela central. Xunto a el orbita Wren Terra, o vasallo principal do Barón. Ao redor deles, milleiros de naves orbitan coma abellas ó redor da súa colmea.
...No interior de Arc Prime, quentados polo seu núcleo, residen os Letnev, emitindo á superficie e á atmosfera toda a polución que producen os seus milleiros de factorías. A preocupación polo medio ambiente non existe na mente do Barón, todo o que non traia beneficios na produción de riqueza ou unidades militares, é considerado inútil.
.

_
Habilidades especiais de raza:
__1. O seu límite de naves en cada flota é sempre un punto maior que a cantidade de marcadores situados na área de Suministros de Flota.
__2. Pode gastar dous bens de comercio antes dunha ronda de combate para obter un +1 a todas as súas tiradas en batallas espaciais durante esa ronda, ou un +2 nunha ronda durante unha invasión terrestre.
_
Vantaxes: Ten o mellor sistema natal para produción de unidades. Ademais a capacidade extra nas súas flotas permítelles aforrar un marcador de comando.
_
Desvantaxes: Os seus tratados e comercio son moi malos, polo que a súa bonificación de raza pode estar bastante limitada.
_
Estratexias: As factorías Letnev expulsan continuamente polución e residuos á atmosfera, nunca detendo a súa produción. Así é, precisamente, como se debe xogar, sen deter nunca a produción. Unha das primeiras accións debería ser construír un segundo porto espacial no seu sistema natal. Isto daralle ao xogador Letnev unha capacidade de produción de 10 unidades en cada activación. É importante tamén aumentar o límite de flota, para poder aproveitar esta gran produción, e construír así moitas unidades pequenas e baratas cada quenda, ateigando a galaxia coas flotas Letnev.
_
_O poderío militar ten que ser o que permita aos Letnev conseguir bos acordos de comercio. Estes acordos propiciarán suficientes bens de comercio para continuar coa elevada produción e, só en momentos claves, conseguir a axuda xusta para desequilibrar unha batalla.
_
_Por último, non precisa moita tecnoloxía para ser temible, tal vez a máis importante sexa XRD Transporters, que permitirá aos seus transportes cargados de cazas chegar rápidamente a calquera lugar da galaxia.

No hay comentarios: