
Aquí están de novo, eses chupópteros sociais, os Profesores, agora vanse queixar por un par de horiñas á semana máis de horas lectivas. Un par de horas! Cando todo o mundo sabe que traballan 18! (21 en primaria, pero, con neniños, so tes que cantar e sumar). 18 míseras horas e se queixan. Canto traballa unha persoa normal? xa contesto eu, moitísimo máis... por no falar das vacacións.
Total, 2 horas lectivas máis á semana que supoñen... 9 horas máis ao mes (4 semanas e media). E, se tes que preparar as clases, buscar exercicios, elaborar apuntes... poñámoslle media hora de relaxado traballo na casa por clase. Máis un par de horas para correxir os traballos e controis dos rapaces... 14.5 - 15 horas ao mes. E, nos tempos que corren, quen se vai queixar por traballara 15 horas máis ao mes??? se ate os profesores son conscientes de que corren malos tempos, que lle baixaron aí atrás o soldo un 7% e, ben, a día de hoxe, seguen sen vivir baixo dunha ponte.
Porque isa é outra, o soldo dun profesor é de 2000 eurazos ao mes... que bueno, coas retencións que todo o mundo paga, se queda nun ingreso de 1600. La hostia! Canta xente cobra menos de 1000 euros ao mes? ¿non son conscientes de que son uns privilexiados? E logo teñen os ***** ****** de dicir que non teñen nin dietas nin coche de empresa, que traballan por toda a comunidade, que teñen que alugar ou pagar gasolina e peaxes, que en Septembro che din onde vas traballar durante o ano... "Burela, definitiva"... búscate a vida... pois, a unha boa parte dos parados deste país gostaríalle ir a Burela cunha praza fixa... pero claro, son currantes, non se puideron pasar 10 anos de troula entre a universidade e as oposicións. Bueno, seguindo co salario, ben é certo que se pretenden ter unha actividade económica extra nas súas horas libres, o soldo disminúe en 500 euros por Non Exclusividade, pero xa teñen dous soldos, que máis queren? ser como os médicos?
Case parece que, creando un posto de traballo apetecible, funcionariado tipo A ou B, con boa remuneración, tempo libre e vacacións... quixésemos atraer aos bos universitarios cara a función pública! se onde fan falla é na privada! potenciando as empresas que son as que levantan un país!
O primeiro é saír da crise que, desgraciadamente, foi causada polos bos bancos e especuladores inmobiliarios... pero canto fixeron estes empresarios polo progreso de España! así que, arrimando todos un pouco o ombro, sobre todo os funcionarios e mileuristas, tal vez podamos axudar aos nosos queridos bancos, políticos e glamurosos terratenientes.