miércoles, 29 de enero de 2014

Nameless....gma

   Véxome nun grave problema á hora de catalogar esta entrada. En principio era adicada á Planta, pero logo dinme conta de que tamén era moi apropiada, en certo sentido, para o Manubrio, e, claro, como son cousas que xa se trataron neste santuario de sabedoría (algo abandoado nos últimos tempos, ao igual que a sociedade actual que deriva nunha cultura sen cultura e sen valores cristiáns (que son os que hai que ter, claro)), pois tamén pode ser do gusto do Obispo, polo seu gusto pola lingua de Cervantes, e, en xeral, para toda a Proxenie que xa participou na actividade que aquí se relata (incluso o preterrito Pato! pluscuanperfecto).

   En principio debería ser catalogada como "xogos de mesa", pois diso versa, pero é dun xogo particular, pouco habitual e que a Planta tivo a ben imprimir, recortar, preparar e traer para que xogásemos certo tempo atrás. Pero non vos asustedes! isto non vai de estratexias do Catán ou regras do Carcassone! é máis ben un xogo de grupo/festa (party-game).

   Ademais, non é algo que vos vaia contar eu, é algo que xa está en Internet, así que debería pertencer á categoría de "Subcultura informática". Pero como ben dixen, o Blog está implicado, e o Manubrio e a lingua de Cervantes... tería que ser entón "Cousas da proxenie". Ademais, ocorre en USA, co cal véxome na obriga de incluír "Vida en América". Por todo isto é tamén, sen dúbida, un "Inclasificable". O que está claro é que si é "Ciencia" pois baséase na investigación máis rigurosa:  googlear.

   Logo de todo o roio, que serve para non crear unha entrada sosa e curta, póñovos en situación. Escoitando un friki podcast na lingua de Xespir, cousa que fago a miudo no coche para: 
   1. Practicar inglis
   2. Non escoitar a radio, nin de música, nin de tertulias.
   3. Enterarme en qué xogos me vou gastar os cartos

   O podcast en cuestión chámase The Secret Cabal, e está formado por 4 homes americanos que, a pesares de ter familias, deben de ser uns inadaptados porque xogan a xogos de ordenador, xogos de mesa, de cartas coleccionables (incluso a Magic!), ven series e deben de ler libros raros!

   O episodio é o número 56, que podedes descargar aquí, pero non vos vou pedir que escoitedes o audio enteiro, só estes dous minutos selectos: PINCHA AQUÍ, PROXENIE MALDITA. Nel se fala do xogo Cards Against Humanity, o describen brevemente e logo...  logo... esss...gma... Lol