ride, ride, que cando rematedes e vos sequedes os ollos, xa estará o pulburón acechando as nosas costas. Para facer algo malo, aquí.
sábado, 19 de marzo de 2011
Tibupulpo, Pulburón, Tabeipolvo...
ride, ride, que cando rematedes e vos sequedes os ollos, xa estará o pulburón acechando as nosas costas. Para facer algo malo, aquí.
jueves, 17 de marzo de 2011
Ascensores de Ciencia Ficción
Outro científico ruso Yuri Artsutanov, plantexou a posibilidade de construír unha estructura metálica similar á torre Eiffel, pero moito máis grande.
Varios escritores de ciencia ficción empregaron esta tecnoloxía nos seus relatos, o máis coñecido Arthur C. Clarke apuntou esta posibilidade por primeira vez na novela "As fontes do paraíso" no 1978. Cando lle preguntaron por cando estaría lista dita tecnoloxía, A. C. Clarke dixo: "cincuenta anos despois de que a xente deixe de rir". A partires dos anos 80 e 90, empregouse esa tecnoloxía en diferentes relatos, xogos, animes... por exemplo no Halo 2, no CiV IV, etc.
Antes de nada, as preguntas serían ¿por que? ¿en que nos beneficia? En primeiro lugar, evitaríamos os caros e perigosos cohetes, que teñen que portar cantidades enormes de combustible inflamable, superar as vibracións de todo o sistema, illar os sistemas debido ós fortes incrementos de temperatura causados pola entrada na atmósfera a grandes velocidades, etc. En segundo lugar, o tamaño dos cohetes está moi limitado debido aos problemas anteriores, neste caso poderiamos escalar o noso dispositivo para conseguir transportes de maior carga, facendo moito máis sinxela a construción de estacións espaciais e os suministros das mesmas. En terceiro lugar, sería moitísimo máis económico, co cal abriría as portas dunha exploración do espazo real, do turismo espacial para "pobres", da explotación viable de recursos noutros planetas do Sistema Solar...
Pois ben, a idea é sinxela, colocar un longo cable rematado nunha plataforma ate unha órbita xeosíncrona (órbita dun obxecto ao redor da terra que permanece sempre sobre o mesmo punto. Esto ocorre a 36.000 km de altura) e, a través do cable subir todo o que queiramos poñer en órbita, igual que con calqueira ascensor dun edificio, pero en troques de estar colgado do teito, colgado dunha órbita que non cambia de lugar.
O cable fixaríase na terra nalgún punto do Ecuador, e o centro de masas de toda a estrutura sería estaría en órbita xeosíncrona, tendo que ser algo maior toda a estrutura para ter un contrapeso a maior altura. Co cal o cable estaría "flotando" sobre a Terra. En realidade debería ter una lixeira tensión de escape (forza cara o espazo) para evitar que a estrutura, en caso de fallo, colapsase cara a Terra; sería como se a estrutura "colgase" da Terra ¿curioso, verdade? Pero, a pesares de atoparse "flotando", este cable estaría sometido a grandes tensións (o seu peso, os ventos, pequenos momentos ou outras forzas, as cargas que lle colguemos...) e o aceiro non podería empregarse. A solución parece atoparse nas investigacións de novos materiais, polímeros sintéticos como o Zylon ou nanotubos de carbono, estruturas tubulares dun diámetro de 0,000 000 001 metros (moi, pero que moi pequenos). Istes nanotubos teñen unhas propiedades mecánicas asombrosas, cunha grandísima resistencia á tracción e unha zona de elasticidade moi ampla. Algúns xa se produciron con éxito e os estudos indican que se poden alcanzar propiedades moi superiores.
A pesares do escepticismo que esta idea poida crear, é un proxecto ampliamente aceptado na comunidade científica e varios países iniciaron proxectos orientados a desenvolver esta posibilidade. Podedes profundizar no tema na páxina da Spaceward Foundation. Organízanse congresos anuais e concursos sobre cables de novos materiais, formas de alimentación das cápsulas de transporte, novas ideas...
Por outra banda, segundo comentara a súa Ilustrísima o Obispo durante unha das súas visitas, outra idea relacionada sería crear un ascensor á lua. Isto tería o mesmo funcionamento, cun porto espacial onde os cohetes e naves atracarían para logo baixar á superficie lunar mediante o ascensor. Sen dúbida, a combinación de ambas tecnoloxías faría o estudo, a exploración e explotación lunar moito máis sinxela e económica, pero induce certas cuestións como ¿de quen sería? ¿tería cada país ou cualición que construír o seu propio elevador? ¿como se repartiría a lua? Tal vez habería que chegar a un pacto similar ao Tratado Antártico.
jueves, 10 de marzo de 2011
Retrancaciones
No os asustéis, no dura 29 minutos...Buenafuente le había prometido 12 minutos de entrevista, pero se lío y se convirtieron en 21 (+ o -).
por... Mente Purulenta @ 12:26:00
Etiquetas: basket, Cine, España Castiza, gastronomía, música, Outros deportes, Patriotismo., relatos, star wars, TV
lunes, 7 de marzo de 2011
ಠ_ಠ
por... Planta en un tiesto @ 22:02:00
Etiquetas: Inclasificable, Subcultura informática
Consecuencias de haber visto Jackie Brown por enésima vez
Llamadme ignorante, pero no conocía a Minnie Ripperton...
Aunque en la película de Tarantino el tema que aparece no es ese, sino este:
Y es una lástima que no se pueda insertar el código del vídeo bueno de los Delfonics, así que habrá que conformarse con este otro en directo:
Bueno, tengo que bajar a comprar sandías y pollo, pero no me puedo marchar sin añadir otro temazo imprescindible, en esta ocasión de Randy Crawford: